miércoles, 12 de septiembre de 2018

QUE É POE? Programa de Ocio Educativo


O Programa de Ocio Educativo é unha proposta de Animación Sociocultural dirixida aos escolares de Educación Infantil e 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso de Educación Primaria, que se desenvolve nos diferentes Centros Públicos da cidade, tomando o xogo como principal ferramenta de intervención educativa

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA
  • Facilitar a conciliación da vida familiar, social e laboral.
  • Proporcionar momentos de encontro que favorezan a socialización.
  • Promover aquelas actitudes, valores e normas desexables.
  • Espertar intereses e xerar o gusto (afección) polas diferentes áreas que compoñen os módulos.
  • Adquirir coñecementos e competencias básicas para a formación integral do neno ou nena. 
  • Utilizar o xogo como principal ferramenta metodolóxica. “Aprender xogando”.
O horario do programa é de 16:00 a 18:00 h. Cada día desenvólvese un módulo diferente

LUNS DE 16 A 18H EUREKA (EDUCACIÓN INFANTIL +1º PRIMARÍA)
MARTES DE 16 A 18H EUREKA (2º/4º PRIMARÍA)
MÉRCORES DE 16 A 18H  FEITO A MÁN (EDUCACION INFANTIL + 1º PRIMÁRIA)
XOVES DE 16 A 18H  FEITO A MÁN (2º/4º PRIMÁRIA)

A ratio mínima para formar grupos será de 12 participantes

EUREKA
Con este módulo preténdese achegar aos nenos e nenas ás nosas raíces, a través tradición popular e cultural galega, dende dúas perspectivas. Por un lado abordando aspectos que forman parte da nosa memoria colectiva  coma os mitos, as lendas, os ritos, contos e aventuras que resisten ó esquecemento e que forman parte da tradicón oral e por outro, a parte máis histórica e cultural recollida coma tradición escrita, personaxes ilustres, cantigas, bailes, poemas, etc. Todo ísto envolto nas diferentes actividades, que con un marcado carácter lúdico, tamén farán descubrir aos nenos e nenas o folclore galego. 

FEITO A MAN
 O obxectivo xeral deste módulo é espertar a sensibilidade polo mundo artístico. A través das diferentes manifestacións artísticas, os nenos e nenas desenvolverán e potenciarán as súas posibilidades expresivas e creativas, representando, expresando e mostrando ideas, habilidades, emocións, etc. A experimentación con distintos elementos e técnicas diferentes, permitirán desenvolver aínda máis, se cabe, a propia creatividade do neno e nena, aprendendo ao mesmo tempo, a valorar non só a súa propia creación senón tamén as dos seus compañeiros. 

VISITAS A ENTIDADES
Ademais dos diferentes módulos ou obradoiros que se ofertan dentro do Programa de Ocio Educativo, realízanse unha serie de visitas a diferentes equipamentos científico-culturais da cidade, con intención de achegar aos escolares a espazos de referencia nos que complementar, a través de novas propostas lúdico-didácticas, as diferentes áreas que se enmarcan dentro do programa. Estas visitas realizaranse dentro do horario habitual da actividade (de 16:00 a 18:00 h.) e poderán participar todos os nenos e nenas inscritos no programa e módulo correspondente.