viernes, 7 de septiembre de 2018

PROGRAMA COXEGAS

Como cada ano o Concello en convenio coa Federación de  Anpas pon a dispor de quen o necesite o servizo de CÓXEGAS mentres non comezan as actividades extraescolares. Achegamos o tríptico  enviado pola Federacion e informámosvos de que podedes apuntarvos no local da Anpa o LUNS 10 de SETEMBRO en horario de 11 a 12 e de 16 a 17.

As novidades para o presente curso son as seguintes:

 1.     O tríptico de actividades contén toda a información referente aos distintos  programas que van poñer en marcha.

2.      A folla de inscripción é única para todas as actividades. Figura en papel autocopiativo para que a familia poida quedar cunha copia da mesma.
Por favor, lede detidamente a información do díptico sobre CÓXEGAS. Con respecto o resto de actividades informaremos próximamente.