Como cada novo ano desde a Anpa poñemos en marcha o programa de actividades extraescolares.
Este curso escolar 2018-2019, contaremos cos programas do Concello en convenio coa Federación
de Anpas Cóxegas, Deporte no Centro e Ocio educativo, coa campaña de natación escolar do
servizo municipal de deportes e coa programación propia da ANPA.
de Anpas Cóxegas, Deporte no Centro e Ocio educativo, coa campaña de natación escolar do
servizo municipal de deportes e coa programación propia da ANPA.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- PROGRAMA CÓXEGAS: o luns 10 de setembro en horario de 11 a 12 e de 16 a 17, de forma
presencial no local da ANPA. - PROGRAMAS DEPORTE NO CENTRO E OCIO EDUCATIVO: o luns 10 en horario de 11 a 12
e de 16 a 17 e o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma
presencial no local da ANPA. - NATACIÓN ESCOLAR: o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma
presencial no local da ANPA. - PROGRAMACIÓN PROPIA DA ANPA: os días 17, 18 e 19 a través dun formulario de google
drive, explicaremos o procedemento na asemblea xeral ordinaria do próximo luns 17 de
setembro ás 16:30 horas)
Achegamos o cadro de actividades
e o folleto enviado pola Federación de Anpas, lembrarvos que para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociada/o (enlace formulario) e que para calquera dúbida podedes contactar con nós a través do mail ou no horario de atención presencial no local.