Esta tarde de 16 a 20h un grupo de mais de 50 persoas, participaron da acción reivindicativa baixo o lema CACAS NON! CANS SI, con esta acción de sensibilización a comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte do barrio de Monte Alto quixemos xerar conciencia cidadá da necesidade de recoller as excrecións caninas a prol dunha mellora da convivencia e unha contorna da escola limpa e segura para todos e todas nos.
Esta tarde tecimos na verxa do centro o lema CACAS NON!, plantamos mais dunha trintena de carteis nas cacas da pista contigua todo nun ambiente festivo e divertido. Cantamos, bailamos e coma sempre repoñemos forzas compartindo unha merendola.
Sentímonos orgullosos/as de educar ás nosas fillas e fillos no respecto e coidado dos espazos públicos, así coma na responsabilidade do coidado de animáis de compañía para unha boa convivencia vecinal.
Grazas a todas as familias que gozáchedes e compartichedes esta actividade.
Estamos nos medios:
Cope (minuto 10.10) : https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/a-coruna/audios/herrera-mediodia-cope-coruna-5-04-2019-1250-horas-20190405_713978
Concello A Coruña. @concellocoruña