A FEDERACIÓN DE ANPAS, invítanos a III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA o próximo 25 de maio. PretÉndese facer unha xornada de convivencia entre as persoas asociadas das ANPAS, as Xuntas directivas, e as familias, unha
xornada de
participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos e xuntas.
Este ano manteñen o torneo de fútbol 7 con equipos
mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.
E tamén está prevista unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto ou disposta a tráelo para bailar unhas
repichocas.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 3 DE MAIO.
Ligazón para anotar a participación da
ANPA: https://goo.gl/DMidfu
TEMPORALIZACIÓN:
10:00
– 10:45 :
CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 –
14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 -
15:30: XANTAR
HORARIO DE TARDE:
15:30: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA
LÚDICA/DEPORTIVA
FOLIADA
CAPOEIRA EN
FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS
MUSICAIS – ZUMBA
E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR. SORPRESA!!!
17:30 –
18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00:
DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA