O próximo 26 de abril de 2019 de
16h as 20h, no marco do proxecto “O Noso Patio”, o CEIP Sanjurjo de
Carricarte, barrio de Monte Alto, de A Coruña pon en marcha unha acción de
sensibilización coa colaboración da comunidade educativa, para
concienciar as persoas sobre a necesidade de recoller as excrecións caninas que
se depositan na pista contigua ao centro baixo o lema “ CACAS NON”.
A acción consistirá en tecer por
parte do alumnado, familias e profesorado na verxa do centro o lema “CACAS NON”
con materiais de refugallo, así como facer unha “plantada” de carteis nas
cacas, como forma de reivindicar o desacordo coas condutas incívicas da
veciñanza e loitar por un entorno limpo e saudable para o alumnado do centro
que ten que soportar o cheiro e as moscas que revolotean pola pista atentando
contra a súa seguridade e saúde.
Esta acción reivindicativa tenta
xerar conciencia cidadá e tecer, de xeito metafórico, novos hábitos de respecto
as zonas comúns e verdes do barrio, procurando a colaboración da veciñanza a
prol da mellora das relacións de convivencia. Conscientes de que as veces estas
condutas se repiten por descoñecemento, comodidade ou imitación de malas
prácticas. E instando o Arcebispado e ao Concello de A Coruña a colaborar no
mantemento e limpeza destas zonas.
As 18h un grupo de alumnado leerá
por megafonía un pequeño manifesto reivindicativo.
No caso de que chova aplazase
para o día 26 de Abril.
Lembrade traer camisetas blancas e
negras vellas para cortar e poder tecer.
Neste enlace podedes ver un documento onde se detalla mais acción
Tamén temos previsto comezar a construir un panel musical para o que precisamos que aportedes tixolas, cazos, culleres, latas de leite, tapas de aluminio, cascabeles, etc.
Neste enlace podedes ver un documento onde se detalla mais acción
Tamén temos previsto comezar a construir un panel musical para o que precisamos que aportedes tixolas, cazos, culleres, latas de leite, tapas de aluminio, cascabeles, etc.
Esperámosvos !