Amosando publicacións coa etiqueta alta socios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alta socios. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de agosto de 2021

ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR

 Servizos de comedor e madrugadores


Hoxe, 10 de agosto, ábrense os prazos de inscrición nos servizos de comedor e madrugadores poidéndose facer ata o 30 do mesmo mes.


Durante o resto do curso: as novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.

Os formularios cumprimentaranse a través da web:  https://jardanaycomedores.es/ . Tamén tedes o enlace na columna dereita do noso blogue.

  • Usuario: sanjurjo
  • Contrasinal: comedores2021
É necesario ser socio/a da ANPA para facer uso dos servizos de comedor e madrugadores.


As instrucións para formular a alta, os prezos dos servizos e outras explicacións de interese (funcionamento de Jardanay na casa, seguros, dietas e alerxias alimentarias), podédelas atopar nas fotografías que añadimos a continuación. Os menús, como o ano pasado, estarán dispoñibles trimestralmente no blog da ANPA.


No caso de quererdes facer algunha queixa, suxestión ou comentario sobre este servizo, pregámosvos que vos poñades en contacto con nós a través do correo electrónico da ANPA: anpaesanjurjo@gmail.com





Alta asociación 2021-2022


Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario asociarse, para o que debedes  encher este formulario . A cota é 20 € anuais por familia + 5 euros de seguro por cada neno/a.


O pagamento da cota farase a través do mesmo formulario indicando o número de conta bancaria. Dende a ANPA, ao longo do mes de outubro, realizaremos un cargo polo importe total, sen custos adicionais.


O seguro cubre calquera accidente que teña lugar durante as actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA. Aquelas familias que recibiron unha bolsa de estudos no curso 2020/2021 estarán exentas do pago dos seguros, que correrán a cargo da ANPA.


O prazo de inscrición está aberto e  finaliza o 15 de setembro.


Se tedes dúbidas ou dificultades podedes contactar con nós a través do mail: anpaesanjurjo@gmail.com

martes, 11 de xuño de 2019

ALTA 19/20 FAMILIA ASOCIACIÓN

Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociado/a, a cuota son 20 euros anuais por familia.

Nesta anualidade cobrarase a maiores coa cota o seguro de accidentes recomendado pola Federación, que son 5 euros por neno ou nena (cuota anual). As familias becadas na anualidade 19/20 estarán exentas do pago dos seguros os asumirá a ANPA.

O seguro cubre calquera accidente que teña lugar nas actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA.

Ábrese hoxe o prazo e ata o 21 de xuño de 2019.

PARA SOLICITAR A ALTA TEDES QUE FACELO CUBRINDO ESTE FORMULARIO
se tedes dúbidas ou 
dificultades podedes contactar con nós a través do mail anpaesanjurjo@gmail.com ou no horario de atención presencial no local.
O pagamento da cuota farase a través do formulario indicando a conta bancaria e desde a ANPA realizaremos o xiro sen coste adicional para as familias no mes de Outubro de 2019.
No caso de que esta opción non sexa a adecuada para vos,  poderes facer:
Ingreso ou trasferencia remitindo xustificante o noso correo anpaesanjurjo@gmail.com.
Ao cumplimentar o formulario online, no apartado outra forma de pago poñede: “TRASNFERENCIA BANCARIA"

Nº de conta: IBAN ES28 2080 0039 1130 0001 3175

venres, 14 de setembro de 2018

ALTA SOCIO/A DO ANPA EDUARDO SANJURJO


Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociado/a, a cuota son 20 euros anuais por familia.

PARA SOLICITAR A ALTA TEDES QUE FACELO CUBRINDO ESTE FORMULARIO
se tedes dúbidas ou 
dificultades podedes contactar con nós a través do mail anpaesanjurjo@gmail.com ou no horario de atención presencial no local.

O pagamento da cuota farase a través do formulario indicando a conta bancaria e desde a ANPA realizaremos o xiro sen coste adicional para as familias. 

No caso de que esta opción non sexa a adecuada para vos,  poderes facer:

Ingreso ou trasferencia remitindo xustificante o noso correo anpaesanjurjo@gmail.com e cumplimentar o formulario online, o chegar o apartado do numero de conta escribide “TRASFEENCIA BANCARIA”
Nº de conta: IBAN ES28 2080 0039 1130 0001 3175

Pago en efectivo no local do anpa en horario de atención (luns de 16:00 a 17:30 e venres de 9:00 a 9:30) e cumplimentar o formulario online, o chegar o apartado do numero de conta escribide “PAGO EN EFECTIVO”