O 5 de novembro arrancamos coa primeira das acións do Programa
"O Sanjurjo con Lentes Violetas", un programa creado pola ANPA e
subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade co obxecto de promover a igualdade
real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias
machistas, dando continuidade ao proxecto de centro MULLERES desenvolto polo
profesorado no curso escolar 2018-2019.
Aquí podes consultar todo o programa:
Patricia Sánchez. mestra, responsable de igualdade na nosa escola,
presentounos o plan de igualdade do CEIP, que podedes consultar neste
enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanjurjo/node/17 ,
e falounos tamén doutros protocolos de interese para a comunidade educativa
entre eles o Protocolo educativo para garantir a
igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero,
podedes consultalos neste outro enlace
Mantivemos unha conversa sobre o proxecto Mulleres, traballado o pasado curso
escolar e diferentes propostas, tanto por parte do CEIP como das familias e
alumnado, para darlle continuidade. Grazas Patricia polo teu tempo e adicación
e grazas as familias que vos achegáchedes e compartichedes as vosas ideas, en
especial a un grupo de alumnas que foron quen de expoñer diferentes propostas
para mellorar a convivencia e igualdade na escola.
O grupo de traballo pola igualdade Fiadeiras, pertencente ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, presentaronnos a súa publicación "Machismos: de micro nada" e a súa proposta de Protocolo de comunicación non sexista. Da man de Natalia Domínguez Galán e Tania Merelas Iglesias, ampliamos coñecementos en materia de estereotipos de xénero e como estes xeran compartamentos machistas adquiridos, compartiron con nós un decálogo de boas prácticas en educación para a igualdade e diferentes recomendacións literarias. Todos deberíamos ser feministas e Querida Ijeawele.Como educar en el feminismo de Chimamanda Ngozi Adichie.
Foi unha tarde na que afondamos nos machismos e na necesidade dos feminismos e coeducación nos centros de ensino, queda moito camiño por percorrer, en comunidade e compartido o camiño será máis doado e enriquecedor. Moitas grazas Fiadeiras por aceptar o noso convite.
O xoves 7 de novembro contamos
coa presenza de profesionais especializadas Olalla Barro e Rosalia da Sociedade
cooperativa Rexenenerando nesta primeira sesión fixeron unha aproximación conceptual sobre
o sistema sexo-xénero, estereotipos de xénero, roles,conciliación,
corresponsabilidade, violencia de xénero/violencia machista, etc. Reflexionamos
sobre a brecha de xénero, teito de cristal, a educación diferencial e a
importancia da familia como axente socializador clave na educación en igualdade
dos nosos nenos e nenas.
Paralelamente levouse a
cabo un obradoiro dirixido as nenas e nenos de 3 a 12 anos, onde a través do xogo reflexionouse sobre os estereotipos de xénero e baixo o título Quen fai
que? Quen xoga a que? A través de varias dinámicas reflexionouse sobre a corresponsabilidade
entendido como o reparto das tarefas domésticas e de coidados nas familias.
Moitas grazas a Rexenerando por esta primeira sesión, seguiremos aprendendo e gozando nas seguintes. Lembrade que será o xoves 14 de novembro ás 16.30h.