martes, 10 de febreiro de 2026

A ANPA Monte Vixía apoia a mobilización pola escola pública

Dende a ANPA Monte Vixía queremos informar ás familias de que apoiamos a próxima mobilización convocada pola Federación de ANPAS en defensa dunha escola pública digna e de calidade para o sábado 28 de febreiro na Coruña.


📍 Lugar: A Coruña
📅 Data: Sábado, 28 de febreiro
🕚 Hora: 11:00 horas
➡️ Saída: Praza Ourense
🚶 Percorrido: ata o Paseo do Parrote


Sumámonos a esta mobilización porque a situación da escola pública non é nova. Leva anos acumulando carencias estruturais mentres as respostas das administracións chegan en forma de parches tardíos e claramente insuficientes.


Que está a pasar?

A realidade que viven moitos centros educativos é preocupante:

• Aulas masificadas con ratios excesivas

• Profesorado sobrecargado e sen recursos suficientes

• Falta de especialistas e de persoal de apoio e coidados

• Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE

• Instalacións avellentadas e, nalgúns casos, perigosas

• Problemas de limpeza e salubridade

• Graves carencias de accesibilidade nos centros

👉 No urbano e no rural. En todos lados.


Por que nos mobilizamos?

Porque:

• As ratios legais non garanten unha atención educativa adecuada nin unha inclusión real

• Os recursos humanos son insuficientes e inestables

• O alumnado con NEE e NEAE non recibe os apoios necesarios

• O mantemento dos centros depende da urxencia, non da planificación

• Familias e profesorado están asumindo responsabilidades que corresponden ás administracións públicas


Estase a reclamar:

✔️ Planificación real e eficacia administrativa

✔️ Recursos humanos suficientes

✔️ Un orzamento digno e estable

✔️ Planificación a medio e longo prazo

✔️ Criterios claros, públicos e obxectivos de intervención

📢 Animamos ás familias a participar e facer visible esta reivindicación colectiva.