martes, 22 de octubre de 2019

INVITACIÓN A ESCOLA DE FAMILIAS DA ANPA FARO (CEIP VICTOR LÓPEZ SEOANE)

Dende a ANPA Faro, do CEIP Victor López Seoane, queremos invitarvos  a participar da ESCOLA DE FAMILIAS; Fomentando a coeducación e o bo trato como claves para unha vida sen violencia, que levaremos a cabo no noso centro durante os meses de outubro e novembro.
Como Asociación de Nais e Pais queremos achegar as familias recursos relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas, a través de obradoiros que  tiveran como temática a coeducación e a igualdade entre homes e mulleres.
Así, queremos convidarvos ao 1º obradoiro que terá lugar o venres día 25 de outubro de 16.00 a 18:00 horas na biblioteca do colexio.
Este obradoiro, Coeducando no xogo e no tempo libre está  pensado para favorecer o debate e a reflexión sobre a perpetuación dos roles e estereotipos de xénero no lúdi­co, e a importancia de que o xogo e os xoguetes sexan libres de marcas de xénero, favorecendo espazos coeducativos e divertidos.
Para facilitar a asistencia das familias, temos contratado servizo de ludoteca, deixamos este enlace para que vos inscribades ( é necesario facelo para facer uso da mesma), tedes ata o próximo mércores día 23 de outubro para inscribirvos e facer uso do servizo.
Este é o enlace onde podedes anotarvos:

O venres día 8 de novembro de 16.00 a 18:00 horas tamén na biblioteca do colexio,  teremos o segundo  obradoiro titulado Novas Masculinidades. Neste obradoiro abordarase a influencia do xénero nas relacións de todo tipo e no desenvolve­mento persoal, facendo especial fincapé no achegamento ás novas masculinidades.
Dúas semanas antes abriremos tamén o enlace para o servizo de ludoteca, para facilitar a asistencia as familias.