Dende hoxe, 1 de marzo de 2021 e ata o día 22 deste mesmo mes está aberto o prazo para presentar solicitudes para admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021/22.
Debido á crise da COVID-19, este ano as Xornadas de Portas Abertas non poderán ser presenciais, pero dende a Dirección do centro fixeron este vídeo das instalacións do cole para poder compartir e visualizar cantas veces se queira:
Como sabedes, o CEIP Sanjurjo de Carricarte é un centro pequeno e familiar, e dende a ANPA defendemos o ensino público de calidade e temos a convicción de que toda a comunidade educativa suma. Estes son os servizos que ofertamos dende a ANPA, sobre os que atoparedes máis información navegando por este blogue:
- Servizo de comedor e madrugadores: Madrugadores desde as 07:30 ata a entrada ao cole e Comedor desde a saída do cole ata as 15:30 ou 16:00 con opción de continuar nas actividades extraescolares
- Actividades extraescolares: sempre tentamos dar cobertura dende as 16:00 ata as 18:00 horas para facilitar a conciliación daquelas familias que o precisen.
- Oferta de actividades de conciliación en períodos non lectivos a través das acción programadas desde a Federación de ANPAS, ben con sede no noso cole ou nos centros públicos cercanos.
- Banco de libros entre familias: é un fondo voluntario, para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia. O banco realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto).
- Proxecto O Noso Patio: Proceso participativo para a mellora do patio do CEIP Sanjurjo de Carricarte e o seu entorno
- A horta do Sanjurjo
- Proxectos deseñados a cargo de diferentes subvencións das Administraciónd Públicas: O Sanjurjo con lentes violetas, Ecocarricarte...
Tentamos tamén establecer todas aquelas accións que favorezan a colaboración con asociacións, entidades e persoas do barrio de cara a dinamizar o mesmo e tecer redes de participación: AA.VV Atochas, Monte Alto Torre de Hércules, Biblioteca Pública de Monte Alto...
Toda a información sobre o CEIP Sanjurjo de Carricarte, as instalacións, actividades e recursos está recollida na páxina web do Centro, e pode consultarse aquí.
Para o vindeiro curso están dispoñibles as seguintes prazas:
Curso Educación Infantil | Cursos de Educación Primaria | ||
Postos dispoñibles | Neae (1) | Postos dispoñibles | Neae (1) |
3 anos 22 4 anos 6 5 anos 0 | 3 0 0 | Primeiro 0 Segundo 0 Terceiro 0 Cuarto 0 Quinto 2 Sexto 0 | 0 |
(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización de alumnado neae (art.3 da Orde do 12 de marzo de 2013) |
Deixámosvos, ademáis, diferentes ligazóns para coñecer mellor o noso cole así como as actividades desenvoltas desde a ANPA Eduardo Sanjurjo:
- Web do cole
- Vídeo-presentación do noso cole
- Blogue do proxecto O Noso Patio
- Información do inicio do curso pasado
- Proceso de alta na asociación e cota anual
- Servizo de comedor e madrugadores
- Banco de libros entre familias
- Actividades extraescolares
- Programa cóxegas