Onte tivemos a reunión con Silvia Cameán da Concelleira de Xustiza social e coidados do Concello da Coruña, os temas que tratamos foron os demandados polas familias que conformades esta ANPA, a través das vosas suxestións e enquisas. A continuación facémosvos un resumo do acordado:
1-A concelleira infórmanos que xa está encargado o traballo a mantemento para o arranxo da zona acordoada, na entrada ao centro. En canto chegue o material o instalarán. Quedará pendente o resto do perímetro xa que a incidencia que tiñan e só relativo os espazos entre muro e verxa onde están as xardineiras.
2- Respecto ao cambio do peche, nos informa que está contratado o cambio de 33 módulos, quedando algún sen cambiar que acometerase o ano que ben. Solicitámoslle que empecen pola zona de infantil e aquelas que teñan maior perigo de seguridade.
3- Respecto o estado do pavillón azul, enviará a edificación a facer un informe técnico do estado xeral para acometer os arranxos necesarios. Explicounos que fai un anos a Xunta e o Concello acordou repartirse os centros de ensino para acometer o mantemento dos mesmos polo que quedo unas competencias municipais as pequenas actuacións e limpezas deixando a Xunta a obra nova e grande obra de mais de 100.000 euros.
4- Van estudar o pintado da pista azul para que non tinxa.
5- Respecto o edificio de comedor, pasaranos un informe elaborado por rexeneración urbana que explica que non é susceptible de reforma polo custe que isto suporía e que proponse o seu derribo e nova construción, para que o presentemos na Xunta xa que sería a Xunta quen debería acométela.
6- Solicitamos unha limpeza a fondo do comedor, así como unha limpeza extra os luns antes de que chegue o alumnado a madrugadores da zona de filas e entrada ao comedor.
7- Respecto ao noso patio, nos confirma que o feito que o concello apoie o proxecto non vai en detrimento das obras de mantemento necesarias, xa que os orzamentos son totalmente diferenciados pertencendo a capítulos de gasto diferentes, polo que a concellería de educación si dispón de un orzamento anual para actividades de participación e espera retomar as propostas acordadas para acometer. Non pode ir contra o orzamento anual ninguna obra, senón actividades participativas ou instalacións acompañadas de obradoiros de participación, por exemplo instalación de canastras, rocódromo ou adquisición de xogos acompañados de obradoiros participativos e/ou de sensibilización do uso igualitario do patio.
8- A concelleira pregunta polo acordado en Xuño de instalar o rocódromo e informa que nos emitirá un informe dun técnico municipal para poder acometer a súa instalación con todas as garantía. Quedou en consultar ao equipo técnico a proposta remitida xa en xuño para a implementación do rocódromo.
9- Solicitamos a concelleira cambiar de ubicación os cubos de lixo, a poder ser fora da entrada ao centro.
10- Solicitamos a concelleira o arranxo das beiraruas rotas na zona de infantil
11- Queda coa incidencia de que non funciona o telefonillo do centro e comprobará o estado da mesma remitida por dirección.