miércoles, 28 de septiembre de 2022

IMPORTANTE AVISO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 AVISO IMPORTANTE

Estes días dende a Xunta se informou a ANPA de que o pavillón sufrirá obras durante o primeiro trimestre do curso (setembro - decembro), o que afectará ao desenvolvemento das actividades extraescolares tal e como as tíñamos plantexadas. Tendo en conta o caracter inmediato das obras e o pouco marxe de actuación que temos para a procura de solucións, non podemos más que durante estes meses, e de forma provisional, levar a cabo as actividades nos espazos exteriores e interiores do colexo, aínda que non se desenvolvan coas condicións que tiñamos pensadas dende o principio, priorizando a necesidade de conciliación.


O principal problema o darán as actividades de deporte os días de choiva, xa que o cole non dispón de espazos cubertos suficientes. Neses casos a Federación comprométese a ofrecer unha actividade alternativa nos espazos interiores do centro, onde os/as cativos/as poidan estar cun monitor/a.


En todo caso, a Federación comprometeuse a informar esta tarde sobre os grupos que inician actividade e darán facilidades para que con esta información, as familias que o desexen teñan a oportunidade de cambiar algunha de sus opcións. Unha vez se confirmen os grupos, informaremos da distribución provisional.


Dende a Xunta garantízasenos que a partir de xaneiro todo volverá a normalidade.


Lamentamos profundamente ter que informar disto, esperemos que coa cooperación e paciencia de todas as familias da ANPA o levemos o mellor posible.

viernes, 9 de septiembre de 2022

Programa Municipal de Natación Escolar 2022/23 (3º e 4º de primaria)

 


CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR CURSO 2022-23

- A Campaña de natación escolar organizada polo servicio municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares de 2º Ciclo de ED. Primaria (3º e 4º)

- O número de prazas ofertadas e de 20

- A campaña levarase a cabo no Clube de Mar os mércores de 16:30 a 17:17

- O servizo Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que poidan producir na matriculación do alumnado

- Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantiráa presenza nun adulto qu eserá o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezcan la parada.

- O custo por alumno é de 53, 77€, a cuota inclúe o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria

- O prazo máximo de incrición para os escolares cmeza o 12 de setembro e remata e 23 de setembro

- A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do Club do Mar. (se adxunta e se mandará por mail e whatapp)

- A fecha prevista de comezo será o 3 de Outubro




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23

Anunciamos as actividades extraescolares que se van a ofertar este curso a través de la Federación de ANPAS

As inscricións faránse a través da súa web (http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/) a partir do día 12 de setembro e se manterán abertas durante toda esa semana.

Para que as actividades podan levarse a cabo é necesario que se acaden 10 persoas inscritas en cada unha delas.

1. INFANTIL






 1º-3º EDUCACIÓN PRIMARIA




4º-6º EDUCACIÓN PRIMARIA







CUOTAS

1. ACTIVIDADES ARTE, CULTURA E DEPORTES


2. PROXECTOS (VENRES)



Este ano podemos inscribirnos nas actividades que ofrece o cole do lado, CEIP Victor Lopez, e viceversa (a continuación mostramos ás actividades de Federación do CEIP Victor), 



Se así o queredes:

- No formulario de inscrición (http://fedapascoruna.org/inscripciones/), tedes que elexir o CEIP Vitor Lopez e no apartado OBSERVACIÓNS escribir que o neno/a é do CEIP Torre de Hercules

- As familias que elixan unha actividade do CEIP Victor Lopez ás 16:00, terán a posibilidade de que o persoal do comedor, Jardanay os acheguen a o CEIP Victor Lopez cos/as monitores das actividades que lles correspondan.

jueves, 1 de septiembre de 2022

APERTURA DAS INSCRICIÓNS PARA O PROGRAMA COXEGAS

 O formulario do programa Cóxegas para o mes de setembro xa está aberto.

 

O prazo de inscrición é dende hoxe 31 de agosto ata o domingo 4 de setembro (incluído)

 

Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/inscripciones

 

Cota do programa: 15€ por participante. Ademáis todos os escolares deberán abonar 4€ en concepto de seguro de accidentes

Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, estarán exentos do pago da cota do programa (15€), aunque deberán abonar o seguro de accidentes (4€)

 

Condicións do programa:  A oferta desde programa plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

 

·  Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)


·  Educación Primaria (1º ao 6º curso)


Para a posta en marcha do programa requerirase un mínimo de 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20 desdoblarase o grupo


Horario: Dende o xoves 8 de setembro ata o venres 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 hO horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. (sí a saída, sempre e cando o participante teña marcada esa opción na inscrición).