miércoles, 28 de septiembre de 2022

IMPORTANTE AVISO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 AVISO IMPORTANTE

Estes días dende a Xunta se informou a ANPA de que o pavillón sufrirá obras durante o primeiro trimestre do curso (setembro - decembro), o que afectará ao desenvolvemento das actividades extraescolares tal e como as tíñamos plantexadas. Tendo en conta o caracter inmediato das obras e o pouco marxe de actuación que temos para a procura de solucións, non podemos más que durante estes meses, e de forma provisional, levar a cabo as actividades nos espazos exteriores e interiores do colexo, aínda que non se desenvolvan coas condicións que tiñamos pensadas dende o principio, priorizando a necesidade de conciliación.


O principal problema o darán as actividades de deporte os días de choiva, xa que o cole non dispón de espazos cubertos suficientes. Neses casos a Federación comprométese a ofrecer unha actividade alternativa nos espazos interiores do centro, onde os/as cativos/as poidan estar cun monitor/a.


En todo caso, a Federación comprometeuse a informar esta tarde sobre os grupos que inician actividade e darán facilidades para que con esta información, as familias que o desexen teñan a oportunidade de cambiar algunha de sus opcións. Unha vez se confirmen os grupos, informaremos da distribución provisional.


Dende a Xunta garantízasenos que a partir de xaneiro todo volverá a normalidade.


Lamentamos profundamente ter que informar disto, esperemos que coa cooperación e paciencia de todas as familias da ANPA o levemos o mellor posible.