‼️‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE CONCELLERÍA BENESTAR
➡️INFO BOLSEIROS DE COMEDORES ESCOLARES
- Facilitarase o menú para recoller e levar ao domicilio e todas as familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia: no caso do noso barrio é este easmontealto@coruna.es, indicado datos do alumnado becado, CEIP Sanjurjo de Carricarte e un teléfono de contacto actualizado.
➡️COLEXIOS PUBLICOS: Os centros escolares abriranse para a repartición de menús de 13,00 a 14,00 horas.
Unha vez remitades o mail para recoller os menús, contactarán con vós para informar do inicio do reparto.