xoves, 7 de marzo de 2019
COMEZO DE NOVO GRUPO DE ESGRIMA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
Finalmente o novo grupo de esgrima para infantil e 1º de primaria sae adiante, a clase será os luns de 5 a 6 e impartirase no salón de actos. O custo da actividade e de 12€ ao mes, lembrámosvos que dende este ano os pagos das actividades fanse directamente ao monitor/a. Os alumnos e alumnas inscritos empezan a actividade o vindeiro luns 11 de marzo.
RECORDATORIO FOLGA 8 DE MARZO
LEMBRÁMOSVOS QUE DADO QUE NO DÍA DE MAÑÁN 8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER ESTÁ CONVOCADA UNHA FOLGA, NON PODEMOS GARANTIR A COBERTURA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POR PARTE DO MONITORADO QUE EXERZA O SEU DEREITO.
mércores, 27 de febreiro de 2019
luns, 25 de febreiro de 2019
NOVO GRUPO DE ESGRIMA INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA
Debido á demanda desta actividade, estamos a tentar abrir un novo grupo de esgrima para infantil e primeiro de primaria os luns de 5 a 6, como os nenos e nenas son mais pequenos a actividade dura 1 hora en vez de hora e media como no grupo dos maiores. O prezo sería de 12€ ao mes. Para que o grupo saia adiante precisanse un mínimo de 4 nenos e nenas. Se estades interesadas /os só tedes que mandarnos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com ou darvos de alta no noso local no horario de atención ao público.
martes, 29 de xaneiro de 2019
xoves, 24 de xaneiro de 2019
VOLVE A HORTA DO SANJURJO!
Se che gusta meter as mans na terra este e o teu sitio!
a Horta do Sanjurjo volve a poñerse en marcha e queremos convidar a todas as familias interesadas asi como á comunidade educativa a formar parte dela.
se tes ganas de traballar a terra e desfrutar de esta actividade en familia, escríbenos un correo a anpaesanjurjo@gmail.com, entre todos/as intentaremos organizar a actividade o mellor posible.
Animádevos!
martes, 22 de xaneiro de 2019
A EXPO ACTIVA NO MUNCYT ¡NON A PERDADES!
Algún dos nenos e nenas do noso cole xa tiveron a sorte de visitala e gozala o ano pasado en Pontevedra, xa que foron convidados como parte do premio de Ludantia (I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a infancia e a mocidade), onde o noso centro foi premiado por o proxecto O Noso Patio, agora temos a sorte de que a Expo Activa estea na nosa cidade.
Expo-activa, que é un espazo para xogar á arquitectura destinado a nenos e nenas así como ao xogo en familia. “As nenas e os nenos xogando son a exposición en sí, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, liberdade e lugares de relación entre os seus xogadores/as.”
Aquí tedes toda a información sobre a exposición, está ata o 10 febreiro no Muncyt, sala Nanoespacio, Público de 6 a 12 años, Reserva previa
Non a perdades!
mércores, 9 de xaneiro de 2019
NOVO COMEDOR XA EN FUNCIONAMENTO
Desde o martes 8 de Xaneiro o servizo de comedor e madrugadores dase no novo espazo habilitado dentro do colexio. A porta para a entrega e recollida dos/ as nenos e nenas será a usada para as saídas de infantil (fronte ao antigo comedor). Deixámosvos unhas fotos para que vexades como quedou o espazo.
venres, 4 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















