sábado, 12 de outubro de 2019

Como darse de alta e de baixa nas actividades propias da ANPA

As altas e baixas das actividades propias da ANPA (debuxo, inglés, robótica, judo, esgrima, baile e pandeireta, percusión, Luces cámara e acción e teatro en familia) xestionaranse a través de formularios que só permanecerán abertos do día 10 ao día 20 do mes anterior á baixa/alta.

Unha vez finalizado ese prazo non recolleremos mais altas nin baixas ata o mes seguinte. Se tedes algunha dúbida ou necesitades axuda cos formularios atenderémosvos no correo do ANPA anpaesanjurjo@gmail.com ou de forma presencial no horario habitual no noso local.

Deixámosvos aquí as ligazóns aos formularios, tamén aparecerán de forma continua xunto os nosos datos de contacto na barra lateral do blogue e no taboleiro de información do cole

FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES

FORMULARIO BAIXA ACTIVIDADES

deixamosvos o cadro definitivo de actividades para este curso 2019/2020
as marcadas en amarelo son as propias da ANPA as azuis e verdes don as da federacion de anpas
neste outro enlace tendes toda a información das actividades ofertadas dende a Federación de anpas

Recordade que para acceder as actividades e obrigatorio ser socio/a da ANPA
podedes darvos de alta neste enlace



XORNADAS O NOSO PATIO




Os próximos días 17,18,24 e 25 de Outubro de 16-19h nas xornadas de O Noso Patio a direción do centro promove levar a cabo en colaboración coa ANPA a realización das seguintes actividades:

Aqui tedes o proxecto presentacion xornadas ONP

Se queredes participar podedes anotarvos no taboeiro de anuncios que está situado na entrada ao cole, así podemos organizar materiais e grupos. Se alguén ten interese en liderar algún deles que se anote e nolo comunique e contaremos con esa persoa para a organización.

O día 25 temos prevista unha xornada festiva na que contaremos coa actuación de Pakolas. Lembrade, para ese día e coma sempre traer merenda saudable para compartir xuntos e xuntas.



Como os comentamos na asamblea xeral, algunhas destas actividades están subvencionadas:

A construción do mural guiada pola Cooperativa Plano Pementa que nos acompañará os días 17 e 18,e a actuación musical de Pakolas están no marco dun proxecto de actividades culturais baixo o título CarricARTE financiado pola Deputación de A Coruña, que esperamos que desfrutedes.

A Deputación de A Coruña financianos tamén material novo para a horta.

O material para o panel musical e a composteira está subvencionado polo Concello.

Esperámosvos para compartir estas xornadas, lembrade que podedes traer con vos a familiares ou amigos/as que lles apeteza participar.

domingo, 6 de outubro de 2019

venres, 4 de outubro de 2019

NOVO CONTEDOR DE RECOLLIDA DE TAPONS


Xa podedes traer ao cole os tapóns de plástico para reciclar, axudaredes ao medio ambiente e colaboraredes cunha boa causa, o contedor esta situado na entrada do cole fronte a conserxería

xoves, 3 de outubro de 2019

PRECISAMOS OS TEUS VOTOS NOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS!! para a proposta de Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio



A nosa proposta de Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio conseguiu pasar a fase final, como o seu orzamento supera os 200.000€ pasárona ao apartado de toda a cidade. Agora mais que nunca precisamos os votos de todas as familias do centro e do barrio para conseguir solucionar un problema histórico, o prazo para votar é moi curto, só dende o 3 ao 9 de outubro. Podedes votar nesta ligazón (e carta proposta co código 2202)
lembrade que hai que rexistrarse e hai que estar empadroado no Concello da Coruña para poder facelo. O proceso de rexistro pode ser un pouco lioso pero pedímosvos que fagades un esforzo polo ben común a ver se entre todos conseguímolo, se tedes algún problema á hora do rexistro no telefono 010 axudaranvos.
Animámosvos a compartir esta ligazón cos vosos amigos, familiares e coñecidos ENTRE TODOS PODEMOS CONSEGUILO! MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

A proposta do Espazo do Vixia que resultou ser a máis votada na primeira fase de apoios no noso distrito, quedou descartada, hai que expropiar terreos e seria un proceso moi longo para executar dentro dos orzamentos participativos, pero no concello pareceu unha moi boa proposta e van a valorala detidamente.



Lista predefinitiva de concesións de bolsas comedor curso 2019/2020


Podedes consultar aquí a listaxe predefinitiva das becas comedor 2019/20
Lembrade!! os usuarios que fosen beneficiarios da devandita bolsa e que están inscritos nas actividades xestionados pola Federación de Anpas (fútbol, patín, ximnasia rímica, ritmo, feito a man e baloncesto) , deben de comunicalo esta semana ao mail ocio@fedapascoruna.org

mércores, 25 de setembro de 2019

AUTORIZACIÓNS DE RECOLLIDA

É necesario que remitades asinado o documento de autorización de recollida das e dos menores antes de iniciar as actividades extraescolares para poder xestionar as recollidas desde o primeiro día.

Podedes traerlo en horario de atención presencial ao local da ANPA ou deixalas no buzón.

Autorización recollida

https://drive.google.com/file/d/1H1hMa5utHsV9e3AYJgDjYXGEmS2i0tQq/view?usp=sharing





martes, 24 de setembro de 2019

CADRO PROVISIONAL DE ACTIVIDADES


Boas tardes a todos e todas, a  federacion de ANPAS xa nos pasou os datos das inscricións ás actividades de deporte no centro e POE, detallámosvos as actividades extraescolares tanto de xestión propia como da federación que conseguiron encher o mínimo esixido e polo tanto se levarán a cabo:

ACTIVIDADES DEPENDENTES DA FEDERACIÓN DE ANPAS:
Deporte non centro:  Prepatinaxe, patín, ximnasia rítmica e baloncesto

ACTIVIDADES DE XESTIÓN PROPIA:
  • Baile e pandeireta
  • Percusión
  • Debuxo Primaria
  • Luces, Cámara, Acción Ed.Infantil
  • Luces, Cámara, Acción Primaria
  • Esgrima Ed.Infantil
  • Esgrima Primaria
  • Robótica
  • Teatro en familia
  • Judo Ed.Infantil ambos os días
  • Judo Primaria ambos os días
  • Inglés Ed.Infantil ambos os días
  • Inglés 1º/3º Primaria ambos os días

A Federación infórmanos de que o mércores 25 abrirase un novo prazo de inscrición para ambos programas: deporte no centro e lecer educativo (POE);
realizarase nesta ligazon

As actividades que quedaron pendentes de confirmar a súa aprobación por parte da federación foron :
  • Ritmo, actualmente conta con 8 inscricións
  • Fútbol, actualmente conta con 9 inscricións
  • Lecer educativo:  Feito a  mán martes (Primaria) conta con 9 inscricións
a partir de 10 inscricións fannos grupo.

Nas actividades de xestión propia, informámosvos que  Tecnotrivial ten 2 solicitudes e forma grupo a partir de 4, todas as familias interesadas nesta ou outra actividade enviádenos un  mail a anpaesanjurjo@gmail.com

Moitas grazas a todos e todas