venres, 11 de setembro de 2020

ACTUACIÓN ANTE UN CASO OU CONTACTO DUN CASO COVID

 


Inscricións programa Cóxegas 2020-21

O programa Cóxegas é unha proposta que da resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño). 

OBXECTIVOS • Ofertar una vía de conciliación familiar no propio centro educativo. • Afianzar hábitos e normas de comportamento en convivencia. • Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, etc. baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual ao longo destas 3 semanas aproximadas de duración do programa.

O programa Cóxegas é un programa de actividades extraescolares de luns a venres en horario de 16-18h desde o 15 ao 30 de setembro.

O comezo queda condicionado ao número de inscricións para a constitución do grupo. O inicio confirmarase por correo electrónico polo menos 24 horas antes da data prevista.

A cuota son 15 euros. Estará exentos do pago da cota o alumnado que xustifique ser beneficiario da beca comedor.

Podedes facer a inscrición na web http://app.fedapascoruna.org/inscripcion


mércores, 9 de setembro de 2020

Tes dúbidas coa volta ao cole?

Ola familias, tedes dúbidas coa volta o cole? queremos darvos toda a información da que dispoñemos ata o momento nesta presentación. Xa que estamos nun momento de continuos cambios, actualizaremos a información de ser necesario.

Se tedes dúbidas a maiores das prantexadas na presentación, escribídenos a anpaesanjurjo@gmail.com e procuraremos a información, actualizando o documento.

Lembrade que o luns 14 de setembro, temos a asemblea xeral, para participar tedes que ter feita a alta ou a renovación na asociación.

Se coñecedes a familias novas que entran no cole este ano, dádelle a información para que poidan cursar a alta na asociación, inscribirse nos servizos e lles podamos mandar a invitación para a asemblea.

Esperámosvos o luns 14, ás 19h, na asemblea xeral, para debater e poñer en común en profundidade algúns destes temas, precisamos que acudades, xa que imos tomar decisións que requiren a votación das familias asistentes.

Preme na imaxe para acceder á presentación.