Dentro do Programa socioeducativo: CarricARTE subvencionado pola Deputación da Coruña temos previsto facer un videoforum.
Baixo o título "Hoxe toca cine no Sanjurjo"o próximo xoves 12 decembro de 16 a 18.30h no local da ANPA veremos en familia a peli "Campeones" e reflexionaremos sobre a discapacidade.
Sinopse: "Marco, un adestrador profesional de baloncesto, encóntrase un día, en medio dunha crisis persoal, entrenando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acabase convertindo nunha lección de vida"
Podedes consultar a ficha técnica no seguinte enlace:
Acompañaranos no debate posterior Nacho Álvarez, papá do noso centro, experto en xestión da diversidade, e contaremos con Lucía Otero adestradora do "Deportivo Genuine" e algún xogador/a con discapacidade intelectual que contarannos cales son os retos e as dificultades nesta iniciativa integradora LaLiga Genuine Santander, liga de fútbol nacional para persoas con discapacidade intelectual.
Falaremos sobre respecto, tolerancia, discapacidade, xogo en equipo, igualdade de xénero, inclusión, etc.