Como xa vos informamos na asamblea de setembro 19, solicitamos á Deputación de
A Coruña a través dunha subvención a adquisición de diferentes materiais, estos
son:
- un ordeador para as xestións da ANPA
- xogos e contos educativos.
- un carro para transportar os xogos
- 2 mesas multiusos
Estes materiais mercáronse no último trimestre do ano e
estivemos preparandoo para poñelo a disposición do alumnado no mes de decembro.
Polo que queríamos informaros de novo, que estes materiais xa están a
disposición do centro e do alumnado que empregan desde fai un tempo estes xogos
educativos en espazos de lecer en madrugadores e comedor.
Os xogos que escollimos son lúdico-educativos
de aprendizaxe de coñecementos e desenvolvemento de competencias matemáticas, lecto-escritura,
historia, artísticos, visoespaciais, equilibrio, sensoriais para atender ás diversidades de nenas e
nenos con necesidades educativas especiais e os libros infantís, especialmente
enfocados á diversidade e á igualdade de xénero.
Clasificamos os xogos e libros segundo as idades e as identificamos con
pegatinas de cores para que o alumnado sepa cal é un xogo adecuado para a súa
idade e poda encargarse de recollelo.