sábado, 30 de mayo de 2020

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DAS BOLSAS DE COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2020/2021

O prazo é de 10 días hábiles, é dicir, do 1 ao 12 de xuño ambos inclusive

Novidades na solicitude das bolsas de comedores escolares

Nesta convocatoria, a persoa beneficiaria é a persoa menor de idade ou alumno/a que efectivamente faga uso do comedor escolar. Neste sentido, a solicitude debe realizarse a nome desta persoa.
Este ano non será necesario presentar o documento de aceptación con posterioridade á concesión. Previamente á resolución, que poña fin ao procedemento de concesión de bolsas de comedor, mediante unha proposta de resolución definitiva darase un prazo de 10 días para presentar a aceptación ou renuncia da bolsa de comedor, entendéndose que de non renunciar, acéptase.
A solicitude https://www.coruna.gal/descarga/1453733489691/Solicitud-beca-comedor_-publicada-en-sede-electronica.pdf no modelo específico deberá vir sempre acompañada da seguinte documentación:
  • Anexo I debidamente cumprimentado
  • Anexo II debidamente cumprimentado
  • Anexo III debidamente cumprimentado
  • Anexo IV debidamente cumprimentado
  • Anexo V debidamente cumprimentado
  • https://www.coruna.gal/descarga/1453733489691/anexos-castellano-y-gallego.pdf
  • Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
  • Certificado escolar ou copia da matrícula ou solicitude da mesma.
  • Igualmente, no caso de opoñerse á consulta, deberá acompañar a solicitude dos documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
  • O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias deben acompañarse dos documentos que as proben e que se atopan enumerados na base 10.3 da convocatoria.
Para a aclaración de dúbidas sobre a solicitude chamarase ao 010, indicando un teléfono de contacto. Desde o 010 trasladarano a Benestar Social, quen contactará telefonicamente para liquidalas.

Para unha maior axilidade no procedemento, recoméndase realizar a inscrición a través da sede electrónicahttps://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=662

De optar pola presentación da solicitude de xeito presencial, recordade que por mor da situación actual debedes solicitar CITA PREVIA no rexistro municipal, deixamos enlace https://sucitaprevia.es/citaprevia/?idCliente=3