miércoles, 2 de septiembre de 2020

INICIO DO CURSO 2020-2021

Benqueridas familias,

En primeiro lugar, agardamos que todas esteades ben. 

Arranca un novo curso escolar, marcado pola aplicación de diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr a COVID, protocolos que na nosa opinión chegan tarde.

Estes afectan aos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, reducindo aforo e espazos.

No verán tivemos que tomar decisións complexas ante os mesmos, e derivado do último cambio do 31 de agosto, continuamos traballando.

Agradecer o esforzo da Dirección do CEIP, que leva traballando o período estival para velar pola seguridade e benestar do alumnado e da comunidade educativa.

Deixámosvos aquí a última versión do protocolo

Queremos compartir con vós tamén o comunicado oficial da CONFAPA en relación aos mesmos.

Trasladamos agora DIFERENTES AVISOS DE IMPORTANCIA:

Incorporación ás aulas:

O inicio será escalonado e repartido por cursos entre os días 10 e 11 de setembro.

Documento inicio escalonado.

Informarvos tamén que para o día 10 de setembro está convocada folga docente.

Comedor escolar:

Estamos a traballar xunto coa empresa Jardanay e a Dirección do CEIP para minimizar o impacto deste servizo nas familias e alumnado, facendo as medicións do espazo e seguindo as indicacións do protocolo marcado, ofertando alternativas como Jardanay na casa.

Lembrarvos que tedes que facer a matrícula neste enlace e para acceder ao comedor debedes estar asociadas na ANPA, https://bloganpaes.blogspot.com/2020/08/inscricion-servizo-madrugadores-e.html

Aviso Importante para solicitantes de bolsa comedor do Concello a Coruña

Este ano Jardanay non vai financiar o comedor durante o período de tramitación das bolsas como fixo o curso pasado, se o Concello tarda en resolver as axudas, as persas solicitantes terán que pagar polo servizo ata a resolución definitiva. No caso de que finalmente resulten beneficiarias da bolsa comedor, devolveráselle o importe pagado.

Achegamos enlace coa publicación de hoxe mesmo dos listados de solicitudes de admitidas e excluídas provisionalmente. https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2020-2021-publicacion-listado-de-solicitudes-admitidas-y-excluidas-provisionalmente/suceso/1453740525667

Actividades Extraescolares:

Estamos en coordinación coa Federación de ANPAS para poder ofertar actividades extraescolares adaptadas ao último protocolo da Xunta, debido á situación excepcional que estamos a vivir este curso, e tras decidilo en reunión da Xunta directiva, ofertaremos tan só actividades a través da Federación, co obxecto de garantir a seguridade do alumnao sen deixar de lado a oferta das mesmas que facilite a conciliación familiar. Tan pronto todo esté listo lanzaremos a información. Lembrade que estas actividades darán comezo no mes de outubro. Estase traballando tamén para poder ofertar o programa de conciliación Cóxegas coincidindo co inicio do curso escolar o día 10.

Altas de persoas asociadas na ANPA

Dexamos enlace para realizar a alta para este curso 20-21, https://bloganpaes.blogspot.com/2020/08/alta-20202021-asociacion-eduardo.html, lembrarvos que é necesario estar asociada para poder facer uso do comedor así como tamén para poder participar e emitir voto nas Asembleas da mesma.

Este ano, como o curso pasado, as cotas cargaranse no mes de outubro. Avisarvos de que o seguro para actividades, non será cargado polo momento, á espera de se podemos realizar alguna actividade presencial como concertos, contacontos, festas, saídas … Si que para as actividades da Federación será obligatorio así como para o comedor, este custo xa se repercute no momento da inscrición en cada una delas.

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria

O próximo luns 14 de setembro, realizaremos de forma telemática Asamblea Xeral de inicio de curso, esta será ás 19:00 horas. 

As familias que realicen el alta nova ou a renovación na asociación para o curso 2020-2021 recibirán a convocatoria para asistir á asamblea xeral, onde poderán consultar a orde do día e acompañarase do enlace para unirse á reunión.

Sen máis que agradecer a vosa comprensión e empatía nestos momentos incertos, lanzamos una mensaxe de folgos tendo presente que precisamos una comunidade educativa forte e unida, que como estades a ver, tense que ver suplindo tarefas que deberían ser realizadas pola Administración.

Saúdos e apertas

A Directiva da ANPA Eduardo Sanjurjo