lunes, 13 de junio de 2022

BANCO DE LIBROS ENTRE FAMILIAS CURSO ESCOLAR 2022 – 2023

 

O banco de libros entre familias é un fondo voluntario para as persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia (as persoas que solicitan a axuda regulada polo DOG, que está agora mesmo en prazo de solicitude, é a opción máis segura se se cumpren os requisitos). 

 

As familias reciben os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha pegatina e un selo da ANPA para identificalos.

O banco de libros cubrirá para o curso escolar 22-23 os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria. Os libros de 3º EP quedan descatalogados e no curso de 5º EP non haberá libros de texto por tratarse de curso E-Dixgal, por este motivo só se repartirán e recollerán doazóns dos libros de 4º e 6º de Educación Primaria

Informarvos de varios aspectos a ter en conta en relación ao banco de libros entre familias para o curso escolar 22-23:

1. Os libros de texto empregados este curso escolar, deberán ser devoltos tal e como se indicou por abalar ás titorías correspondentes a semana do 13 ao 17 de xuño.

2. O martes 14 de xuño ás 09:00 abriremos formulario para recibir as solicitudes de libros e doazóns para o curso 22-23, que se pechará o mércores 22 de xuño.

3. Os criterios de entrega dos libros no caso de rexistrarse máis solicitudes do número de exemplares dos que se dispón son:

a) Terán prioridade no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco.

b) Rigurosa orde de recepción dos formularios on line.

4. O reparto realizarase ao iniciar o curso escolar por parte das titorías no mes de setembro.

 

As familias que queran ser doantes, cubride os datos no formulario e entregade os libros ata o mércores 22 de xuño ás titorías correspondentes, cubrindo o Anexo de doazón.

 

No mes de xullo remitiremos mail ás familias solicitantes confirmando o número de libros dos que disporán.


BANCO LIBROS ANPA  CURSO ESCOLAR 22-23 – ANEXO DOAZÓN

- Nome e apelidos da persoa adulta solicitante:

- Nome e apelidos do alumnado:

- Curso:

- Exemplares doados:

œ        Lengua castellana:

œ        Lingua galega:

œ        Ciencias naturais

œ        Ciencias Socias

œ        Matemáticas: