Amosando publicacións coa etiqueta confapa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta confapa. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de outubro de 2016

Comunicado de CONFAPA

Recibimos por parte de CONFAPA o agradecemento polo seguimento da folga:

Estimadas ANPAS:
Despois do día de folga e concentracións, achegamos comunicado cos resultados reais da xornada. Unha vez máis moitísimas grazas pola vosa implicación e por entender que a escola pública precisa desta defensa, da nosa presenza e do noso esforzo.
Parabéns.
Xunta Directiva Federación Provincial da Coruña

martes, 25 de outubro de 2016

Charla-coloquio convocada pola CONFAPA




A CONFAPA pon en marcha a campaña "Na miña escola falta unha asignatura: o meu tempo libre", para que se visibilicen o exceso de deberes de moitos nenos. A asociación propón un mes de novembro cos fins de semana libres de deberes, como se pode ler nesta circular. Ademáis, facilitanos as peticións ao titor e ao director para que non se poñan deberes.

luns, 24 de outubro de 2016

Máis sobre a folga do 26 de outubro

Achegamosvos a documentación que facilita a CONFAPA relacionada ca folga
Adxuntamos unha circular informativa sobre os motivos para convocar a folga, unha petición ao centro educativo para que non se poñan exámenes o día 26 e a xustificación de ausencia dos alumnos.

xoves, 20 de outubro de 2016

Folga educativa - 26 de outubro

Bos días

CONFAPA-GALICIA convoca ás familias galegas a unirse activamente á FOLGA EDUCATIVA convocada para os días 26 de outubro contra as REVÁLIDAS impostas pola LOMCE. 





Aquí podedes ver 10 razóns polas que a CONFAPA convoca a folga