xoves, 10 de novembro de 2016

Actividades nos centros cívicos

Chéganos información sobre actividades puntuais que terán lugar no mes de novembro no centro cívico de Monte Alto.




domingo, 6 de novembro de 2016

Semana da Ciencia 2016

Dende o luns 7 de novembro ata o domingo 13 a entrada ós Museos Científicos será gratuita. 
Aquí tedes os horarios dos tres museos e tamén as actividades que teñen programadas.
Parece que imos ter unha semana propicia para ir ós museos, agora que chega o inverno...
Feliz semana!

martes, 1 de novembro de 2016

Xornadas sobre Disciplina Positiva

Chéganos información sobre unhas xornadas de Disciplina Positiva que terán lugar na Coruña, nas instalacións da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, os días 18 e 19 de novembro.

O programa é o seguinte:
18 de novembro 18:00 - 19:30: Charla informativa + coloquio 
Dirixida a nais, pais, educadores, docentes, orientadores, profesionales vinculados ca infancia, estudiantes de Sicoloxía, Maxisterio, etc...
A entrada é de balde e cómpre confirmar asistencia enviando un correo electrónico á dirección: educabonito@gmail.com. 
Acudir a esta charla non compromete a asistir á formación do día 19.

19 de novembro 10:00 - 14:00 e 16:00-19:00: Taller vivencial (Formación teórico práctica)
Dirixida a nais, pais, educadores, docentes, orientadores, profesionales vinculados ca infancia, estudiantes de Sicoloxía, Maxisterio, etc...

O custo da formación é de 60 € individual / 90 € parella (dous membros da mesma familia) e inclúe o material.


Se estades interesados, tedes máis información en www.educabonito.com e tamén no teléfono 627274797.







 

venres, 28 de outubro de 2016

xoves, 27 de outubro de 2016

Comunicado de CONFAPA

Recibimos por parte de CONFAPA o agradecemento polo seguimento da folga:

Estimadas ANPAS:
Despois do día de folga e concentracións, achegamos comunicado cos resultados reais da xornada. Unha vez máis moitísimas grazas pola vosa implicación e por entender que a escola pública precisa desta defensa, da nosa presenza e do noso esforzo.
Parabéns.
Xunta Directiva Federación Provincial da Coruña

martes, 25 de outubro de 2016

Charla-coloquio convocada pola CONFAPA




A CONFAPA pon en marcha a campaña "Na miña escola falta unha asignatura: o meu tempo libre", para que se visibilicen o exceso de deberes de moitos nenos. A asociación propón un mes de novembro cos fins de semana libres de deberes, como se pode ler nesta circular. Ademáis, facilitanos as peticións ao titor e ao director para que non se poñan deberes.

luns, 24 de outubro de 2016

Máis sobre a folga do 26 de outubro

Achegamosvos a documentación que facilita a CONFAPA relacionada ca folga
Adxuntamos unha circular informativa sobre os motivos para convocar a folga, unha petición ao centro educativo para que non se poñan exámenes o día 26 e a xustificación de ausencia dos alumnos.

venres, 21 de outubro de 2016

xoves, 20 de outubro de 2016

Actividades extraescolares 2016 - 2017

O cadro definitivo para este curso é:



HORARIO DEFINITIVO DE ACTIVIDADES 2016/2017



LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES

Dende as 16H ata as 17H
Debuxo
Baloncesto (primaria)
Baile prof.
Robótica (1º-2º-3º-)
Inglés infantil
Piano
Debuxo
Kárate
Fútbol
Baile Galego
Baile moderno (inf-1º-2º)
Inglés 4º-5º-6º
Natación (3º-4º)
Baloncesto (primaria)
Inglés infantil
Debuxo
Inglés( 4º-5º-6º)
Fútbol
Pandereta
Guitarra
Baile Moderno (inf-1º-2º)
Capoeira
Teatro (pais e nenos, 16’-17’30)

Dende as 17H ata as 18H
Debuxo
Patín (2º-3º-4º-5º-6º)
Robótica (4º-5º-6º)
Xogos infantil
Piano
Debuxo
Patín (inf-1º)
Inglés 1º-2º-3º
Baile Moderno (3º-4º-5º-6º)
Natación (3º-4º)
Patín (2º-3º-4º-5º-6º)
Inglés 1º-2º-3º
Xogos infantil
Debuxo
Patín (inf-1º)
Baile Moderno (3º-4º-5º-6º)
Teatro (pais e nenos, 17’30-19’)


Baloncesto-Patin-Baile Moderno-Xogos (programa deporte no centro do concello), dúas cuotas 1ª 13Euros, 2ª en decembro, de 20Euros.

Natación  unha cuota :53,47Euros.

Precios mensuales: Baile prof  10Euros. Capoeira e Kárate 12Euros. Guitarra 14Euros.
Robótica 1º-2º-3º 25Euros/35Euros con material. Robótica 4º-5º-6º- 25Euros/40 con material (segunda parte do curso). Inglés infantil 24Euros, 2horas e 12Euros 1hora. Fútbol  10Euros 2horas/6Euros 1hora. Baile Galego e Pandereta 12Euros 2horas/8Euros 1hora. Debuxo 12Euros 2horas/8Euros 1hora. Piano 30Euros. Teatro 14Euros, a partir do 3º membro da mesma familia 10Euros. Inglés primaria 20Euros 2horas/10Euros 1hora.

PABILLÓN: Baloncesto – patinaxe – fútbol – capoeira.
SALÓN DE ACTOS: Baile – baile moderno maiores e pequenos – teatro.
LABORATORIO: Debuxo.
AULA DE PSICOMOTRICIDADE: Xogos – kárate – baile moderno (desdoble)
AULA DE MÚSICA: Inglés.
AULA DE INFORMÁTICA: Robótica.
EDIFICIO ANPA: Guitarra.

Folga educativa - 26 de outubro

Bos días

CONFAPA-GALICIA convoca ás familias galegas a unirse activamente á FOLGA EDUCATIVA convocada para os días 26 de outubro contra as REVÁLIDAS impostas pola LOMCE. 





Aquí podedes ver 10 razóns polas que a CONFAPA convoca a folga