venres, 15 de xuño de 2018

O noso patio (e máis)

Difundimos a última entrada do blogue de O noso patio, onde veremos cómo os nenos de infantil participan no proxecto.
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
   - hoxe a festa da inauguración da bancada,
   - o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
   - o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso

martes, 29 de maio de 2018

xoves, 1 de marzo de 2018

Blogue O noso patio

Como sabedes, o proxecto O noso patio crece cada día. Coincidindo coa festa do próximo venres (ou o seguinte, dependendo da choiva) estrearon un blogue onde está documentada cada fase do proxecto, e onde se publicarán as novidades. Podedes deixar comentarios, revisar todas as fotos, a ver se os vedes. Botádelle un ollo: https://onosopatio.wordpress.com/


Menú marzo

O menú de marzo do comedor

mércores, 3 de xaneiro de 2018

Actividades nos centros cívicos

O periodo de preinscripción das actividades socioculturais no centro cívico de Monte Alto será os días 8, 9 e 10, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00. Consultade o boletín que envían desde o centro cívico con todas as actividades ofertadas e as datas de interes.

Xaneiro

Espero que teñamos todos un gran ano.
O luns 8 reanúdanse as clases, e tamén os servizos de comedor, madrugadores e actividades extraescolares.
Para irnos afacendo á idea, aquí o menú de xaneiro do comedor