mércores, 10 de outubro de 2018

XESTION DE ALTAS E BAIXAS ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA

Unha vez pasado o inicio do curso e a posta en marcha das actividades, (con mais dun contratempo polo que vos pedimos desculpas e dámosvos as grazas pola vosa paciencia e comprensión) querémosvos informar da nova forma para xestionar as altas e baixas das actividades propias do ANPA, que finalmente se ofertan este ano ( debuxo, ballet, baile moderno, tecnotrivial,  judo, inglés, robótica, teatro en familia e esgrima).

As altas e baixas das actividades xestionaranse a través de formularios que só permanecerán abertos do día 10 ao día 20 do mes anterior á baixa/alta. Unha vez finalizado ese prazo non recolleremos mais altas nin baixas ata o mes seguinte.

Se tedes algunha dúbida ou necesitades axuda cos formularios atenderémosvos no correo do ANPA anpaesanjurjo@gmail.com ou de forma presencial no horario habitual no noso local. 

Deixámosvos aquí as ligazóns aos formularios, tamén aparecerán de forma continua xunto os nosos datos de contacto na barra lateral do blogue e no taboleiro de información do cole

FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES
FORMULARIO BAIXA ACTIVIDADES

Lembrámosvos que para poder acceder ás actividades é imprescindible ser socio do ANPA e que podedes facelo a través deste formulario FORMULARIO ALTA SOCIO ANPA 2018/19

xoves, 4 de outubro de 2018

CADRO DEFINITIVO ACTIVIDADES 2018 /19

deixámosvos o cadro definitivo de actividades para o curso 2018/19. Informámosvos de que as actividades de baile moderno e ballet saen adiante, pero cunha nova profesora tamén formada en danza e con experiencia.
Lembrámosvos que a partir do luns as clases que se imparten no pavillón cambian de espazo temporalmente debido ás obras.

Baloncesto, patín e futbol:
faranse nos patios do cole ao aire libre. (e posible que por circunstancias meteorolóxicas véxanse interrumpidas ocasionalmente, nese caso avisaremos o día anterior mediante  mail e neste blog).

Ximnasia rítmica:
mércores e venres aula de psicomotricidade

Esgrima: pista azul, se chove moito a actividade trasladarase ao comedor

Baile moderno venres: Aula de música ou relixión

mércores, 3 de outubro de 2018

¡¡AVISO IMPORTANTE ACTIVIDADES PAVILLÓN!!

Informamos de que segundo nos comunicaron onte o pavillón permanecerá pechado por obras durante aproximadamente un mes a partir do día 8 de outubro. Intentaremos facer unha reubicación das actividades da que vos iremos informando.
En principio a nova ubicación é a seguinte:

Baloncesto, patín e futbol:
faranse nos patios do cole ao aire libre. (e posible que por circunstancias meteorolóxicas véxanse interrumpidas ocasionalmente, nese caso avisaremos o día anterior mediante  mail e neste blog).

Ximnasia rítmica:
mércores e venres aula de psicomotricidade

Esgrima: pista azul, se chove moito a actividade trasladarase ao comedor

Baile moderno venres: Aula de música ou relixión


xoves, 27 de setembro de 2018

¡ACTUALIZACIÓN! ACTIVIDADES OFERTADAS POLA ANPA QUE FINALMENTE SAEN

· Ballet
· Tecnotrivial
· Judo educación infantil, 1º e 2º ep
· Judo 3º A 6º ep
· Robótica
· Esgrima
· Debuxo luns 16 a 18
· Debuxo luns 16 a 17
· Debuxo luns 17 a 18
· Debuxo martes  16 a 18
· Debuxo martes  16 a 17
· Debuxo martes  17 a 18
· Debuxo xoves  16 a 17
· Debuxo xoves  17 a 18
· Teatro en familia
· Inglés infantil luns e mércores
· Inglés infantil lunes
· Inglés infantil miércoles
· Inglés 1º a 3º EP martes
· Inglés 1º a 3º EP xoves
· Inglés 1º a 3º EP martes e xoves

BAILE MODERNO queda a espera  de confirmación de todas as familias da viabilidad do reaxuste, a actividade, se finalmente sae comezará a segunda semana de octubre.

INGLÉS  debido ao número de solicitudes, temos que facer un reaxuste contactaremos por mail coas familias solicitantes para intentar encontrar unha solución.

TECNOTRIVIAL a primeira clase e aberta e gratuita, dado que e nova e difícil de explicar o seu funcionamiento quen queira probar a actividade pode ir a primeira semana sen necesidad de apuntarse, sera ben recibido.

AUTORIZACIÓN DE AUTONOMÍA E RECOLLIDA DE ALUMNADO

No seguinte enlace podedes descargar o modelo de autorización que tedes que entregar a entrada ou a saída do alumnado na primeira semana de actividades propias da ANPA. Podedes levala cuberta e nola entregades na mesma actividade ou ben contade con vir con 5 minutos para cubrila ali mesmo e entregarnolas (Teremos copias en papel a vosa disposición).

MODELO AUTORIZACIÓN RECOLLIDA E AUTONOMÍA

PAGO DE ACTIVIDADES
Recordámosvos que este ano as actividades propias da ANPA pagaranse directamente a os profesores, eles diranvos como facelo.

INFORMACIÓN POLIZA DE ACCIDENTES FEDERACIÓN DE ANPAS

Tal e como comentamos na asemblea este curso imos contar cunha poliza de accidentes colectiva a través da Federación de ANPAS, con cobertura nas actividades extraescolares, saídas e excursións organizadas  pola propia anpa.
O custo é de 4'40€ para todo o curso escolar.
Para contratar dita poliza, tedes que remitir un mail, indicando o nome e apelidos da alumna/o e o método de pago elixido (ingreso en conta, indicando no concepto seguro e os datos do alumno/a, ou pago no local da anpa)

Informámosvos de que non e obligatorio facer esta póliza pero si e MOI RECOMENDABLE.

PINCHADE AQUÍ PARA VER O RESUMÉN DA POLIZA

martes, 25 de setembro de 2018

ACTIVIDADES OFERTADAS POLA FEDERACION DE ANPAS QUE FINALMENTE SAEN

Deixamosvos aqui a relación de actividades que finalmente saen ofertadas pola federación de anpas.
As familias que solicitarón POE poden pasar polo local no horario de atención e devolveráselle o importe da actividade.

ACTIVIDADES QUE FINALMENTE SAEN
BALONCESTO
PATIN 2º a 6º primaria
PATIN infantil e 1º primaría
FUTBOL
XIMNASIA RÍTMICA

NON SAEN 
POE (Programa Ocio Educativo)
RITMO (queda aberto o prazo ata a segunda semana de octubre, de non sair finalmente a actividade procederase a devolución dos cartos a terceira semana de octubre)

AUTORIZACIÓNS DE AUTONOMÍA E RECOLLIDA DE ALUMNADO
No seguinte enlace podedes descargar os dous modelos de autorización que tedes que entregar a entrada ou a saída do alumnado na primeira semana de actividades ofrecidas pola Federación. Podedes levala cuberta e nola entregades na mesma actividade ou ben contade con vir con 5 minutos para cubrila ali mesmo e entregarnolas (Teremos copias en papel a vosa disposición).

AUTORIZACIÓN DE AUTONOMÍA
AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DO NENO/A






O Centro de Planificación Familiar de A Coruña conmemora con diversas actividades para toda a familia o seu 35 aniversario

Este ano o Centro de Planificación Familia Municipal cumpre 35 anos, unha ocasión que paga a pena celebrar para visibilizar asi a importante labor que ven facendo dende os seus inicios.  Aquí achegamosvos a progración do seu 35 aniversario chea de actividades para toda a familia.

venres, 21 de setembro de 2018

Listaxe definitiva do Programa bolsa comedor escolar. Curso 2018/2019

Aqui deixamosvos a publicación da lista definitiva de persoas beneficiarias das bolsas para comedores escolares. SE PRECISADES MAIS INFORMACION CHAMADE O 010