luns, 12 de novembro de 2018

FIN DE OBRAS PAVILLÓN DEPORTIVO


Informámosvos que a partir de hoxe luns 12 de novembro o pavillón xa esta aberto, co cal as actividades extraescolares xa poden impartirse no seu espazo habitual. Grazas pola vosa paciencia e comprensión.

xoves, 8 de novembro de 2018

ACTIVIDADES CENTROS CÍVICOS NOVEMBRO

Achegámosvos os boletíns de actividades que faranse nos centros cÍvicos de Monte Alto e Cidade Vella no mes de novembro.





TRASLADO DE ACTIVIDADE POR ALERTA METEOROLÓXICA

Debido á alerta laranxa prevista para mañá venres 9 de Novembro, a actividade de esgrima trasládase ao espazo do comedor no edificio do ANPA.

luns, 5 de novembro de 2018

AVISO IMPORTANTE!! SUSPENSION DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO EXTERIOR POR ALERTA METEOROLÓXICA


Debido á alerta laranxa prevista para mañá a partir das 14 h, quedan suspendidas as actividades extraescolares que actualmente se están impartindo no exterior, por mor das obras do pavillón. Así que MAÑÁ, MARTES 6 DE NOVEMBRO QUEDAN SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DE FUTBOL E PATIN.

xoves, 1 de novembro de 2018

ENQUISA DE DETECCION DE NECESIDADES

Tal e como comentouse na asamblea xeral do mes de setembro poñemos a vosa disposición unha enquisa de detección de necesidades coa intención de coñecer as vosas propostas ou suxestións, co obxectivo de aunar os esforzos a prol do que as familias da asociación, da que formamos parte, consensuemos, para iso é imprescindible contar coa vosa opinión. 

Veredes que non é anónima, ao non ser unha enquisa de satisfacción senón de propostas, precisamos poder ter a vosa información de contacto por si necesitáramos poñernos en contacto con vos. 
Só vos levará 5 minutos cubrila.

Para acceder a enquisa, preme aqui. a enquisa estará aberta ata o proximo venres 9 de Novembro.


martes, 30 de outubro de 2018

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS DA ANPA EDUARDO SANJURJO


Con motivo das próximas eleccións ao consello escolar convocámosvos a todos/as o 6 de Novembro as 16:00h nunha asemblea xeral extraordinaria, para informar sobre o proceso das eleccións e renovación dos cargos. Esperamosvos a todos/as

MENÚ NOVEMBRO


mércores, 10 de outubro de 2018

XESTION DE ALTAS E BAIXAS ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA

Unha vez pasado o inicio do curso e a posta en marcha das actividades, (con mais dun contratempo polo que vos pedimos desculpas e dámosvos as grazas pola vosa paciencia e comprensión) querémosvos informar da nova forma para xestionar as altas e baixas das actividades propias do ANPA, que finalmente se ofertan este ano ( debuxo, ballet, baile moderno, tecnotrivial,  judo, inglés, robótica, teatro en familia e esgrima).

As altas e baixas das actividades xestionaranse a través de formularios que só permanecerán abertos do día 10 ao día 20 do mes anterior á baixa/alta. Unha vez finalizado ese prazo non recolleremos mais altas nin baixas ata o mes seguinte.

Se tedes algunha dúbida ou necesitades axuda cos formularios atenderémosvos no correo do ANPA anpaesanjurjo@gmail.com ou de forma presencial no horario habitual no noso local. 

Deixámosvos aquí as ligazóns aos formularios, tamén aparecerán de forma continua xunto os nosos datos de contacto na barra lateral do blogue e no taboleiro de información do cole

FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES
FORMULARIO BAIXA ACTIVIDADES

Lembrámosvos que para poder acceder ás actividades é imprescindible ser socio do ANPA e que podedes facelo a través deste formulario FORMULARIO ALTA SOCIO ANPA 2018/19

xoves, 4 de outubro de 2018

CADRO DEFINITIVO ACTIVIDADES 2018 /19

deixámosvos o cadro definitivo de actividades para o curso 2018/19. Informámosvos de que as actividades de baile moderno e ballet saen adiante, pero cunha nova profesora tamén formada en danza e con experiencia.
Lembrámosvos que a partir do luns as clases que se imparten no pavillón cambian de espazo temporalmente debido ás obras.

Baloncesto, patín e futbol:
faranse nos patios do cole ao aire libre. (e posible que por circunstancias meteorolóxicas véxanse interrumpidas ocasionalmente, nese caso avisaremos o día anterior mediante  mail e neste blog).

Ximnasia rítmica:
mércores e venres aula de psicomotricidade

Esgrima: pista azul, se chove moito a actividade trasladarase ao comedor

Baile moderno venres: Aula de música ou relixión

mércores, 3 de outubro de 2018

¡¡AVISO IMPORTANTE ACTIVIDADES PAVILLÓN!!

Informamos de que segundo nos comunicaron onte o pavillón permanecerá pechado por obras durante aproximadamente un mes a partir do día 8 de outubro. Intentaremos facer unha reubicación das actividades da que vos iremos informando.
En principio a nova ubicación é a seguinte:

Baloncesto, patín e futbol:
faranse nos patios do cole ao aire libre. (e posible que por circunstancias meteorolóxicas véxanse interrumpidas ocasionalmente, nese caso avisaremos o día anterior mediante  mail e neste blog).

Ximnasia rítmica:
mércores e venres aula de psicomotricidade

Esgrima: pista azul, se chove moito a actividade trasladarase ao comedor

Baile moderno venres: Aula de música ou relixión