mércores, 9 de setembro de 2020

Tes dúbidas coa volta ao cole?

Ola familias, tedes dúbidas coa volta o cole? queremos darvos toda a información da que dispoñemos ata o momento nesta presentación. Xa que estamos nun momento de continuos cambios, actualizaremos a información de ser necesario.

Se tedes dúbidas a maiores das prantexadas na presentación, escribídenos a anpaesanjurjo@gmail.com e procuraremos a información, actualizando o documento.

Lembrade que o luns 14 de setembro, temos a asemblea xeral, para participar tedes que ter feita a alta ou a renovación na asociación.

Se coñecedes a familias novas que entran no cole este ano, dádelle a información para que poidan cursar a alta na asociación, inscribirse nos servizos e lles podamos mandar a invitación para a asemblea.

Esperámosvos o luns 14, ás 19h, na asemblea xeral, para debater e poñer en común en profundidade algúns destes temas, precisamos que acudades, xa que imos tomar decisións que requiren a votación das familias asistentes.

Preme na imaxe para acceder á presentación.






mércores, 2 de setembro de 2020

INICIO DO CURSO 2020-2021

Benqueridas familias,

En primeiro lugar, agardamos que todas esteades ben. 

Arranca un novo curso escolar, marcado pola aplicación de diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr a COVID, protocolos que na nosa opinión chegan tarde.

Estes afectan aos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, reducindo aforo e espazos.

No verán tivemos que tomar decisións complexas ante os mesmos, e derivado do último cambio do 31 de agosto, continuamos traballando.

Agradecer o esforzo da Dirección do CEIP, que leva traballando o período estival para velar pola seguridade e benestar do alumnado e da comunidade educativa.

Deixámosvos aquí a última versión do protocolo

Queremos compartir con vós tamén o comunicado oficial da CONFAPA en relación aos mesmos.

Trasladamos agora DIFERENTES AVISOS DE IMPORTANCIA:

Incorporación ás aulas:

O inicio será escalonado e repartido por cursos entre os días 10 e 11 de setembro.

Documento inicio escalonado.

Informarvos tamén que para o día 10 de setembro está convocada folga docente.

Comedor escolar:

Estamos a traballar xunto coa empresa Jardanay e a Dirección do CEIP para minimizar o impacto deste servizo nas familias e alumnado, facendo as medicións do espazo e seguindo as indicacións do protocolo marcado, ofertando alternativas como Jardanay na casa.

Lembrarvos que tedes que facer a matrícula neste enlace e para acceder ao comedor debedes estar asociadas na ANPA, https://bloganpaes.blogspot.com/2020/08/inscricion-servizo-madrugadores-e.html

Aviso Importante para solicitantes de bolsa comedor do Concello a Coruña

Este ano Jardanay non vai financiar o comedor durante o período de tramitación das bolsas como fixo o curso pasado, se o Concello tarda en resolver as axudas, as persas solicitantes terán que pagar polo servizo ata a resolución definitiva. No caso de que finalmente resulten beneficiarias da bolsa comedor, devolveráselle o importe pagado.

Achegamos enlace coa publicación de hoxe mesmo dos listados de solicitudes de admitidas e excluídas provisionalmente. https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2020-2021-publicacion-listado-de-solicitudes-admitidas-y-excluidas-provisionalmente/suceso/1453740525667

Actividades Extraescolares:

Estamos en coordinación coa Federación de ANPAS para poder ofertar actividades extraescolares adaptadas ao último protocolo da Xunta, debido á situación excepcional que estamos a vivir este curso, e tras decidilo en reunión da Xunta directiva, ofertaremos tan só actividades a través da Federación, co obxecto de garantir a seguridade do alumnao sen deixar de lado a oferta das mesmas que facilite a conciliación familiar. Tan pronto todo esté listo lanzaremos a información. Lembrade que estas actividades darán comezo no mes de outubro. Estase traballando tamén para poder ofertar o programa de conciliación Cóxegas coincidindo co inicio do curso escolar o día 10.

Altas de persoas asociadas na ANPA

Dexamos enlace para realizar a alta para este curso 20-21, https://bloganpaes.blogspot.com/2020/08/alta-20202021-asociacion-eduardo.html, lembrarvos que é necesario estar asociada para poder facer uso do comedor así como tamén para poder participar e emitir voto nas Asembleas da mesma.

Este ano, como o curso pasado, as cotas cargaranse no mes de outubro. Avisarvos de que o seguro para actividades, non será cargado polo momento, á espera de se podemos realizar alguna actividade presencial como concertos, contacontos, festas, saídas … Si que para as actividades da Federación será obligatorio así como para o comedor, este custo xa se repercute no momento da inscrición en cada una delas.

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria

O próximo luns 14 de setembro, realizaremos de forma telemática Asamblea Xeral de inicio de curso, esta será ás 19:00 horas. 

As familias que realicen el alta nova ou a renovación na asociación para o curso 2020-2021 recibirán a convocatoria para asistir á asamblea xeral, onde poderán consultar a orde do día e acompañarase do enlace para unirse á reunión.

Sen máis que agradecer a vosa comprensión e empatía nestos momentos incertos, lanzamos una mensaxe de folgos tendo presente que precisamos una comunidade educativa forte e unida, que como estades a ver, tense que ver suplindo tarefas que deberían ser realizadas pola Administración.

Saúdos e apertas

A Directiva da ANPA Eduardo Sanjurjo

 

luns, 17 de agosto de 2020

INSCRICIÓN SERVIZO MADRUGADORES E COMEDOR 2020/2021

Desde o próximo 19/8/2020 poderedes facer as inscricións no servizo de madrugadores e comedor para o curso 2020/2021, leede o díptico con antención e as instrucións de acceso, este ano por mor da situación do Covid-19 existen algúns cambios no servizo para cumprir os protocolos. 

Convocarase unha asamblea xeral a finais deste mes ou principios de setembro na que falarase dos procedementos e protocolos que estanse traballando xunto coa dirección do centro.

Neste enlace podedes facer a inscrición. 




ALTA 2020/2021 ASOCIACION EDUARDO SANJURJO

Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociado/a, a cuota son 20 euros anuais por familia + 5 euros de seguro por cada neno/a (cuota anual)

 As familias becadas na anualidade 20/21 estarán exentas do pago dos seguros os asumirá a ANPA.

O seguro cubre calquera accidente que teña lugar nas actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA.

Ábrese hoxe o prazo e ata o 15 de setembro.

PARA SOLICITAR A ALTA TEDES QUE FACELO CUBRINDO ESTE FORMULARIO
se tedes dúbidas ou 
dificultades podedes contactar con nós a través do mail anpaesanjurjo@gmail.com

O pagamento da cuota farase a través do formulario indicando a conta bancaria e desde a ANPA realizaremos o xiro sen coste adicional para as familias no mes de Outubro de 2020.


venres, 26 de xuño de 2020

BANCO DE LIBROS "ENTRE FAMILIAS"


AMPA IES LUIS BUÑUEL. – IES Luis Buñuel de Zaragoza


INFORMACIÓN XERAL DO BANCO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

O banco de libros "Entre familias" é un fondo voluntario, para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia. O banco realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto).

Para o curso 2020-2021, debido o cambio de libros nos cursos 3º e 5º de Educación Primaria, o banco só se realizará para os cursos 4º e 6º.

FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS

Como cada ano o profesorado recolleu en xuño os libros do banco, se por calquera motivo non puideches facelo ou queredes doalos mais adiante. Escribídenos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com e acordaremos a entrega da doazón, posiblemente para o 1 de setembro.

As familias que queren recibir libros. Poden facer a petición no formulario online ata o 10 de xullo ás 14h.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFWT4OhqUZ9iSAccCcrfPj9XJlEINV84FRctTN5yC6OqdU_A/viewform?usp=sf_link

Enviaremos un mail confirmando o lote asignado de libros no mes de xullo. O reparto será previsiblemente o 7 setembro.

Mandarémosvos un mail confirmando a data e forma de entrega.

CRITERIOS DE ENTREGA

No caso de rexistrarse máis solicitudes* do número de exemplares dos que se dispón empregaremos os seguintes criterios:

· Terán prioridade no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco


· Rigorosa orde de recepción dos cuestionarios on line


*Desde este fondo non é posible garantir que se poidan recibir o mesmo número de libros que se doan.


NORMAS DE USO DO BANCO DE LIBROS


Os libros de texto correspondentes ao proxecto do Banco de Libros “Entre familias” é unha iniciativa voluntaria. As familias reciben os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha pegatina e un selo da ANPA para identificalos.

Para o USO CORRECTO dos libros deben terse en conta as seguintes NORMAS:

· Débense FORRAR OS LIBROS para preservar a súa conservación.
· O nome d@ alumn@ porase enriba do forro, cun folio e celo por riba. PROHÍBESE O USO DE ETIQUETAS, dado que son imposibles de quitar de un ano para outro.  Nunca se escribirá o nome dentro do libro.
· Os libros non se poden escribir nin subliñar, nin facer ningún tipo de debuxo ou  escrito neles(importante concienciar @s nen@s).

Considérase mal uso ou deterioración do libro de texto:

1. Realizar exercicios nas propostas de actividades, os exercicios fanse nas libretas.
2. Escribir palabras e mensaxes en calquera formato.
3. Facer debuxos ou pór adhesivos.
4. Dobrar as follas para marcar os temas.
5. Ensuciar as páxinas con calquera produto. Evitar merendar ou comer diante dos libros.
6. Romper, engurrar ou mollar calquera folla do libro.

En caso de deterioro moi grave ou perda dalgún libro, este deberá ser reposto pola familia.

En caso contrario, a negativa suporá renunciar a participar no proxecto de banco de libros para o curso seguinte.