A Concellería de Igualdade abre desde hoxe até o 30 de abril o prazo para presentar as solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso
A Concellería de Igualdade abre desde hoxe até o 30 de abril o prazo para presentar as solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso
Dende hoxe, 1 de marzo de 2021 e ata o día 22 deste mesmo mes está aberto o prazo para presentar solicitudes para admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021/22.
Debido á crise da COVID-19, este ano as Xornadas de Portas Abertas non poderán ser presenciais, pero dende a Dirección do centro fixeron este vídeo das instalacións do cole para poder compartir e visualizar cantas veces se queira:
Como sabedes, o CEIP Sanjurjo de Carricarte é un centro pequeno e familiar, e dende a ANPA defendemos o ensino público de calidade e temos a convicción de que toda a comunidade educativa suma. Estes son os servizos que ofertamos dende a ANPA, sobre os que atoparedes máis información navegando por este blogue:
Tentamos tamén establecer todas aquelas accións que favorezan a colaboración con asociacións, entidades e persoas do barrio de cara a dinamizar o mesmo e tecer redes de participación: AA.VV Atochas, Monte Alto Torre de Hércules, Biblioteca Pública de Monte Alto...
Toda a información sobre o CEIP Sanjurjo de Carricarte, as instalacións, actividades e recursos está recollida na páxina web do Centro, e pode consultarse aquí.
Para o vindeiro curso están dispoñibles as seguintes prazas:
Curso Educación Infantil | Cursos de Educación Primaria | ||
Postos dispoñibles | Neae (1) | Postos dispoñibles | Neae (1) |
3 anos 22 4 anos 6 5 anos 0 | 3 0 0 | Primeiro 0 Segundo 0 Terceiro 0 Cuarto 0 Quinto 2 Sexto 0 | 0 |
(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización de alumnado neae (art.3 da Orde do 12 de marzo de 2013) | |||
Deixámosvos, ademáis, diferentes ligazóns para coñecer mellor o noso cole así como as actividades desenvoltas desde a ANPA Eduardo Sanjurjo:
Este xoves 25 de febreiro comezou a recollida das bandexas plásticas usadas, nas que recibides os menús de Jardanay na Casa, en colaboración coa asociación A.S.E.R (Axuda a Superar as Enfermidades Raras).
Cada xoves, no momento da recollida dos menús, atoparedes un contedor desta asociación no que poderedes depositar as bandexas de toda a semana. Non é preciso que as lavedes, simplemente agradecemos que retiredes os posibles restos de comida.
Coa vosa colaboración podemos axudar a reciclar máis de duascentas pezas de plástico á semana.
Queremos lembrarvos tamén outros puntos de recollida de tapóns da asociación A.S.E.R dispoñibles na contorna da nosa escola:
Neste trimestre sodes moitas as familias que estades a consultar pola incorporación das vosas nenas e nenos ás actividades extraescolares que se realizan no centro.
Toda a información relativa a prazas, novos grupos, matrículas novas e modificacións tena a Federación de ANPAs, que é a entidade que xestiona as actividades extraescolares, e quen ten que valorar todos os casos e posibles altas novas.
O contacto da Federación de ANPAS da Coruña é Lucía, e o seu teléfono o 649 05 59 39.
Aviso urxente: Actividades extraescolares no pavillón CANCELADAS
Debido ao arranxo da pista do pavillón, hoxe mércores 9 de decembro e mañá xoves 10 de decembro, quedan canceladas todas as actividades extraescolares que se realizan no pavillón. O venres 11 reanúdanse con normalidade.
Desculpade as molestias.
Un saúdo,
Esta mañá, tres días despois do incidente comunicado aos medios, descubrimos con moita tristura que o mural de Iria Fafián "O que nos deixan as mareas", apareceu destrozado por unha pintada.
O mural da artista catalana foi creado dentro da segunda edición do programa Ecocarricarte, organizado e desenvolvido polo conxunto da nosa comunidade educativa para promover os valores universais do respecto, a tolerancia, a igualdade de xénero, a convivencia e a diversidade, e foi inaugurado o pasado 1 de novembro.
A raíz dun acontecemento sucedido o luns nos arredores do noso cole, dende a Direción do centro e dende a nosa ANPA demandamos ao Concello que mellore a iluminación e reforce a seguridade do noso cole.
Dende a ANPA, ademais, enviamos unha nota de prensa aos medios que está acadando gran repercusión nestes días. Colgámola aquí para que todas poidades lela e compartila:
A Coruña, 24 de novembro de 2020
O CEIP Sanjurjo de Carricarte leva anos sufrindo roubos e diferentes actos de vandalismo sen que dende o Concello da Coruña se implementen medidas disuasorias nin de seguridade. Tanto dende a Dirección do centro como dende a ANPA se solicitou en varias ocasións ao Concello da Coruña que se invirta na seguridade do centro, sen resposta por parte da Concellaría de Educación.
O pasado luns pola tarde, persoal docente do CEIP foi sorprendido na costa que dá acceso ao centro por unha serie de persoas encapuchadas portando un bate de béisbol e unha pistola eléctrica. Despois de denunciar este feito ante a Policía e remitilo tamén ao Concello, tanto a Dirección do centro como a ANPA esixen ao Concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Chero Celemín, que cumpran co acordado na reunión mantida o pasado mes de marzo de 2020, tralo anterior acto vandálico sufrido no centro.
Nesta reunión a ANPA remitiu ao Concelleiro un completo informe sobre o estado do CEIP Sanjurjo de Carricarte, no que se facía especial fincapé na seguridade do centro e a súa contorna. Neste informe solicitábase a mellora da iluminación do recinto, a instalación dunha alarma exterior, a reparación e substitución do valado do recinto escolar (na actualidade, con fendas que permiten o paso dunha persoa adulta), e a mellora da vixilancia na área na que se atopa o a escola.
Estas peticións, que volveron ser remitidas ao Concello da Coruña esta semana, levan sen ser atendidas por parte da Concellería de Educación e Memoria Histórica dende o pasado ano 2019. Dende a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte consideran unha imprudencia e unha irresponsabilidade non acometer estas melloras no centro, expoñendo a toda a comunidade escolar, e especialmente aos cativos e cativas que asisten ao mesmo, a situacións de perigo e inseguridade constantes.
O CEIP Sanjurjo de Carricarte xa foi obxecto de roubos e actos vandálicos nos últimos anos, tales coma o roubo de equipos informáticos do centro no 2017, os destrozos nas hortas da escola e nas xardiñeiras do 2018 e os reiterados botellóns que se veñen producindo tanto no 2019 coma no 2020, deixando na área de xogo infantil cabichas, obxectos punzantes, preservativos, ouriños e vómitos. O último acontecemento desta semana pon en evidencia a necesidade de mellorar a seguridade tanto no centro como nos seus arredores, para evitar que volvan repetirse situacións coma as descritas.
Queremos agradecervos con este video a alta participación na segunda edición do concurso de fotografía "Con Lente Violeta", recibimos 49 obras que procuran difundir unha mensaxe igualitaria, fomentando e visibilizando a igualdade así como reflexionando sobre valores universais.
O obxectivo desta segunda edición foi sensibilizar sobre a importancia de traballar por una sociedade mais igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.
Aproveitamos para darlle as grazas a Borja o pai de Eire e Xandre pola edición do video, un fermoso regalo.
Está actividade forma parte do proxecto financiado Pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
O pasado 11 de novembro desfrutamos do obradoiro de diversidades sexuais para as familias a través de meet, un faladoiro ben interesante sobre a diversidade sexual e as identidades de xénero da man de AGASEX, Asoc. Galega para a saúde sexual, unha colaboración con esta entidade no marco do proxecto "Con tentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta.
A formadora, Lorena, achegounos un documento con diversos recursos literarios para seguir traballando en familia. Deixamos aqui o enlace: https://drive.google.com/file/d/1YlXeR2eQRyYeBpyszA_7-_ttTFEl_3nT/view?usp=sharing