Como xa sabedes este ano puxemos en marcha en colaboración co centro e a OMIC, unha campaña de concienciación a prol dos xogos e xoguetes educativos non sexistas e non violentos.
Editamos un marcapáxinas cun decálogo cos aspectos a ter en conta para educar en igualdade e organizamos as seguintes actividades:
20 de Decembro de 2018 16.30h-17.30h
Charla "Xoguetes para ser iguais"
Obradoiro infantil de creación de xoguetes de refugallo (actividade paralela para nenos e nenas). Este obradoiro será impartido pola OMIC para facilitar a participación das familias na charla.
É preciso inscribirse tanto na charla como no obradoiro a través do seguinte formulario: https://docs. google.com/forms/d/e/ 1FAIpQLSccvhkttmUpd7tZOH64Ffcc c9Fm_40vsu52eU_6uMdTTYVGug/ viewform?usp=sf_link
20 de Decembro de 2018 17.30h-18h
Merenda en comunidade.
Despois da charla e obradoiro, traede algo de merendar para compartir.
Despois da charla e obradoiro, traede algo de merendar para compartir.
10,12,17 de Decembro de 2018. 16h-17.30h
12,14 de Decembro de 2018. 9h-10h
Recollida de Xoguetes para doar a Casa dos Xoguetes.
Se queredes axudar na recollida, revisión e clasificación de xoguetes, tanto nenos/as como nais e pais, so tendes que vir o local da ANPA os días marcados para a recollida, esperámosvos!