viernes, 21 de diciembre de 2018

TRASLADO DE SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES.

Debido ao mal estado do edificio usado actualmente para dar o servizo de comedor e madrugadores, con graves deficiencias sanitarias e con falta de mantemento, vémonos na obriga de trasladar os citados servizos por orde da Conselleira de Educación e Comedores Escolares.

A nova localización elixida pola Consellería de Educación para dar o servizo situarase dentro do edificio do colexio. O sábado 22 de decembro, segundo infórmanos Dirección, procederase ao comezo das obras para o acondicionamento do novo espazo, este será na planta baixa do centro, fronte ás aulas de infantil, uniranse dúas aulas (antiga aula de informática e a aula actual de música) e colocarán un pequeno oficce. Estas obras trasládannos que se farán no menor prazo posible, tentando que o novo espazo este listo para a segunda ou terceira semana de Xaneiro.

Pola nosa banda como ANPA queremos comunicarvos que cremos que os/as nosos/as fillos e fillas van saír gañando co cambio de espazo, xa que a situación era insostible, pero pola nosa banda agora comeza unha nova loita para conseguir que esta localización "temporal" non pase a ser definitiva, e dunha vez por todas alguén se faga cargo do edificio anexo ao centro e rehabiliten ou constrúan un novo, onde os/as nosos/as fillos e fillas teñan un espazo digno onde comer a diario e poder devolverlle ao colexio a súa aula de música.