O pasado mércores 29 de maio
de 4 a 6 da tarde non salón de actos, tivemos unha charla de
sexualidade para familias impartido por Marisol Insua, Directora do
centro de Atención ás Sexualidades e nai do noso centro. Moitas grazas Sol, foi
fantástico escoitarte!
Pasounos un montón de recursos
que pensamos que poden ser utís para moitas familias que queredes traballar
esta temática cos vosos fillos e fillas.
Moitas son as dúbidas que
xorden.
Os nenos e as nenas teñen desexo
sexual?
A que idade empezan a telo?
As nenas e os nenos teñen
sexualidade?
É diferente a sexualidade dos
nenos e das nenas?
É bo falarlles de temas relacionados
coa sexualidade?
A partir de que idade é
aconsellable comezar coa educación sexual?
O que nos quedou ben claro é que
é posible educar de forma eficaz logrando que os nosos fillos e fillas se
coñezan, se acepten e vivan a súa sexualidade de forma satisfactoria, e tamén
que a educación da sexualidade e inevitable, educamos co que dicimos pero tamén
co que callamos e co que facemos.
Temos un papel insustituible
porque non só é importante os conceptos senón os valores que transmitimos cando
falamos de sexualidade e afectos.
RECURSOS
Menstruación:
Reprodución:
https://www.youtube.com/watch?v=qVVBt_xSSiE (érase una vez la vida)
de donde venimos?
para cambios na pubertade
Diversidades:
Empoderamento: