viernes, 7 de junio de 2019

PROPOSTAS PARA ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. CONCELLO A CORUÑA


Como sabedes o Concello de A Coruña pon a disposición da veciñanza a posibilidade de participar na planificación de 3.000.000 de euros dos orzamentos municipais.

A través da plataforma "A porta aberta", podedes consultar o proceso. https://aportaaberta.coruna.es/participatory_budget/welcome?locale=es

A fase de información e recollida de propostas foi ata o 10 de maio.

Desde a ANPA fixemos dúas propostas a través desta canle:

ESPAZO DO VIXÍA DE MONTE ALTO


Acondicionamento paisaxístico do zona situada entre os centros educativos CEIP Sanjurjo de Carricarte, CEIP Víctor López Seoane, EIM Luis Seoane e Galiña Azul de Monte Alto, ao redor do depósito de agua de Monte Alto.

Con esta acción poríase en valor esa contorna do barrio, creando un espazo seguro e adaptado ás necesidades do alumnado e da cidadanía.

A través dun sistema de esclusas, movendo os peches dos centros educativos, crearíase un espazo que permita a interacción do alumnado no horario lectivo nun espazo natural cos beneficios educativos que isto suporía.

Ao mesmo tempo fóra do horario lectivo, todo o barrio gañaría un novo espazo verde para o disfrute da cidadanía, contaría con sinalización desta parte histórica do barrio e facilitaría a comunicación entre os centros educativos.

Preme aquí para consultar a proposta


NOVO EDIFICIO NO CEIP SANJURJO DE CARRICARTE PARA USO COMUNITARIO



Demolición e construcción dun novo edificio de planta baixa anexo ao centro escolar, que permita o seu uso sen depender de medios mecánicos e supoña unha maior integración paisaxística coa contorna, dando así resposta á demanda histórica da comunidade educativa que leva anos reclamando un edificio en condicións.

O novo edificio albergaría o comedor, con cociña propia, para o alumnado do centro, creando un espazo en condicións que favoreza unha alimentación saudable, coidando así a importancia da saúde, o medioambiente e o comercio local e de proximidade. Tamén contará con aulas de usos múltiples cun doble uso, para a comunidade educativa do Sanjurjo e para as entidades e colectivos do barrio, creando así un novo espazo que de cobertura ás necesidades socioeducativas e de participación de Monte Alto.

Preme aquí para consultar a proposta

Nos vindeiros meses abrirase una fase de APOIOS, é ahí cando teremos que movilizar ao barrio para xuntar apoios e ter mais posibilidade de chegar a fase final.

Na fase final de votacións todos e todas podemos votar aquela proposta na que pensemos que deberían ir investidos os cartos, é importantísimo que nese momento entredes na plataforma e apoiedes as propostas.

De tódolos xeitos iremos informándovos de cando van abríndose cada fase para poder participar.

Esta é unha canle mais, acadar un espazo digno para o alumnado e a comunidade educativa, independentemente das reivindicacións e solicitudes postas en marcha coas administracións competentes.