miércoles, 9 de diciembre de 2020

AVISO URXENTE: EXTRAESCOLARES PAVILLÓN CANCELADAS

Aviso urxente: Actividades extraescolares no pavillón CANCELADAS

Debido ao arranxo da pista do pavillón, hoxe mércores 9 de decembro e mañá xoves 10 de decembro, quedan canceladas todas as actividades extraescolares que se realizan no pavillón. O venres 11 reanúdanse con normalidade. 


Desculpade as molestias. 


Un saúdo, 

viernes, 27 de noviembre de 2020

O noso mural mariño, destrozado

 Esta mañá, tres días despois do incidente comunicado aos medios, descubrimos con moita tristura que o mural de Iria Fafián "O que nos deixan as mareas", apareceu destrozado por unha pintada. 


O mural da artista catalana foi creado dentro da segunda edición do programa Ecocarricarte, organizado e desenvolvido polo conxunto da nosa comunidade educativa para promover os valores universais do respecto, a tolerancia, a igualdade de xénero, a convivencia e a diversidade, e foi inaugurado o pasado 1 de novembro. 

VANDALISMO NA CONTORNA DO NOSO COLE

 A raíz dun acontecemento sucedido o luns nos arredores do noso cole, dende a Direción do centro e dende a nosa ANPA demandamos ao Concello que mellore a iluminación e reforce a seguridade do noso cole. 

Dende a ANPA, ademais, enviamos unha nota de prensa aos medios que está acadando gran repercusión nestes días. Colgámola aquí para que todas poidades lela e compartila: 


A ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte esixe ao Concello que mellore a seguridade e iluminación no recinto escolar para evitar novos roubos e incidentes na contorna do centro

A Dirección do centro e a ANPA trasladaron en diferentes ocasións estas demandas ao Concelleiro de Educación e Memoria Histórica, sen ser atendidas ata o momento

Tanto na comunidade educativa coma entre as familias do CEIP preocupa que estes actos vandálicos continúen a súa escalada se non se aplican medidas de seguridade no centro


A Coruña, 24 de novembro de 2020

O CEIP Sanjurjo de Carricarte leva anos sufrindo roubos e diferentes actos de vandalismo sen que dende o Concello da Coruña se implementen medidas disuasorias nin de seguridade. Tanto dende a Dirección do centro como dende a ANPA se solicitou en varias ocasións ao Concello da Coruña que se invirta na seguridade do centro, sen resposta por parte da Concellaría de Educación.

O pasado luns pola tarde, persoal docente do CEIP foi sorprendido na costa que dá acceso ao centro por unha serie de persoas encapuchadas portando un bate de béisbol e unha pistola eléctrica. Despois de denunciar este feito ante a Policía e remitilo tamén ao Concello, tanto a Dirección do centro como a ANPA esixen ao Concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Chero Celemín, que cumpran co acordado na reunión mantida o pasado mes de marzo de 2020, tralo anterior acto vandálico sufrido no centro.

Nesta reunión a ANPA remitiu ao Concelleiro un completo informe sobre o estado do CEIP Sanjurjo de Carricarte, no que se facía especial fincapé na seguridade do centro e a súa contorna. Neste informe solicitábase a mellora da iluminación do recinto, a instalación dunha alarma exterior, a reparación e substitución do valado do recinto escolar (na actualidade, con fendas que permiten o paso dunha persoa adulta), e a mellora da vixilancia na área na que se atopa o a escola.

Estas peticións, que volveron ser remitidas ao Concello da Coruña esta semana, levan sen ser atendidas por parte da Concellería de Educación e Memoria Histórica dende o pasado ano 2019. Dende a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte consideran unha imprudencia e unha irresponsabilidade non acometer estas melloras no centro, expoñendo a toda a comunidade escolar, e especialmente aos cativos e cativas que asisten ao mesmo, a situacións de perigo e inseguridade constantes.

O CEIP Sanjurjo de Carricarte xa foi obxecto de roubos e actos vandálicos nos últimos anos, tales coma o roubo de equipos informáticos do centro no 2017, os destrozos nas hortas da escola e nas xardiñeiras do 2018 e os reiterados botellóns que se veñen producindo tanto no 2019 coma no 2020, deixando na área de xogo infantil cabichas, obxectos punzantes, preservativos, ouriños e vómitos. O último acontecemento desta semana pon en evidencia a necesidade de mellorar a seguridade tanto no centro como nos seus arredores, para evitar que volvan repetirse situacións coma as descritas.

martes, 24 de noviembre de 2020

AGRADECEMENTOS POLA PARTICIPACION NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CON LENTES VIOLETAS" 2020

Queremos agradecervos con este video a alta participación na segunda edición do concurso de fotografía "Con Lente Violeta", recibimos 49 obras  que procuran difundir unha mensaxe igualitaria, fomentando e visibilizando a igualdade  así como reflexionando sobre valores universais. 

O obxectivo desta segunda edición foi sensibilizar sobre a importancia de traballar por una sociedade mais igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

Hoxe conmemoramos o 25 de novembro "Día contra a violencia de xénero" e este é o noso gran,  loitamos por unha educación pública e feminista.

“Por unha escola libre de violencias machistas, enfoca coa lente violeta”.


Preme na imaxe para acceder ao video.


Aproveitamos para darlle as grazas a Borja o pai de Eire e Xandre pola edición do video, un fermoso regalo.

Está actividade forma parte do proxecto financiado Pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

OBRADOIRO DE DIVERSIDADE SEXUAL

 


O pasado 11 de novembro desfrutamos do obradoiro de diversidades sexuais para as familias a través de meet, un faladoiro ben interesante sobre a diversidade sexual e as identidades de xénero da man de AGASEX, Asoc. Galega para a saúde sexual, unha colaboración con esta entidade no marco do proxecto "Con tentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta.

A formadora, Lorena, achegounos un documento con diversos recursos literarios para seguir traballando en familia. Deixamos aqui o enlace: https://drive.google.com/file/d/1YlXeR2eQRyYeBpyszA_7-_ttTFEl_3nT/view?usp=sharing









RECURSOS EDUCAR E COEDUCAR




O pasado 14 de novembro  gozamos do obradoiro Educar e Coeducar, da man de Sara Vierna de Almas Meraki. Participamos 7 familias a través do meet e aprendimos sobre os estereotipos e roles de xénero que imperan na nosa socialización, profundamos na importancia que ten o traballo da intelixencia emocional que nos dota de recursos de regulación emocional para que as nosas relacións sexan igualitarias e en igualdade de oportunidades.

A formación xirou en torno a tres temas: analise de xénero, dimensión emocional e os piares da coeducación emocional.

Na primeira parte da sesión centrámonos nunha perspectiva feminista e sobre a xeración Alfa (nenos e nenas nacidos a partir do 2010)

Reflexionamos sobre como seguimos perpetuando unha feminidade e unha masculinidade normativa limitante a través dos xogos, series, debuxos, redes sociais etc.

Exploramos as consecuencias que xera un mundo simbólico patriarcal como a sexualización, o mito da beleza, o exceso de coidados e de agrado no caso das nenas.

Analizamos a represión emocional e a relación coa violencia dos nenos, as identidades de risco e o concepto "pornativos"

Na segunda parte, de xeito practico levamos a cabo varias dinámicas sobre competencias emocionais, conciencia e regulación emocional para facilitar un desenvolvemento integral de nenos e nenas, aspirando a feminidades empoderadas e masculinidades relaxadas.

Concluimos a sesión expoñendo chaves da praxi coeducativa a ter en conta e ofreceunos referentes en positivo para empregar no ámbito familiar.

A formadora,  deixounos moitos recursos asi como a presentación sobre a que traballamos, un gran xeito de xenerosidade e implicación social. Por este motivo deixamos nesta entrada os diferentes materiais.

Grazas a todas as familias que participáchedes nas diferentes actividades programas do programa "Con lentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Recursos e recomendacións:

-71 propuestas para educar con perspectiva de género de la fundación FUHEM-  Os hablé de este libro manual.

-O documental (con subtítulos) de "The mask you live in" sobre a masculinidade.



-Video sobre a lei do agrado. 



-Video sobre a beleza a as nenas.  Dove (1min y 30min)





-Recurso musical




Presentación completa






sábado, 21 de noviembre de 2020

OBRADOIRO ON LINE DE MENARQUIA PARA NAIS E FILLAS

Lembrade que o próximo luns 23 de novembro as 16.30h temos a oportunidade de asistir ao obradoiro de Menarquía en familia e profundizar sobre a primeira menstruación, contaremos cunha profesional especializada do Espazo Educativo Arkhé.

Animádevos a participar, podedes inscribiros este fin de semana.

Enlace inscrición Menarquía: https://forms.gle/z6zDYMcAqCK4h8ZT8





miércoles, 18 de noviembre de 2020

TRABALLOS GAÑADORES. SEGUNDA EDICIÓN. CONCURSO CON LENTES VIOLETA 2020

No día de onte e a distancia reuniuse o xurado do concurso de fotografía "Con lentes violetas"  2020 formado polo profesorado Carlos e Leticia, unha nai e un pai, Ania e Marcos, unha nena e un neno, Carlota e Lucas e unha persoa representante da ANPA, Antía, e este é o resultado das súas deliberacións unha vez analizadas as 49 fotografías recibidas:

1º Premio a: Aitana e Roi  pola obra “Vivir en igualdade” (9-6 anos)


2º Premio a: Lía  pola obra “Noticias do Futuro” (8 anos)


3º Premio a: Mayra  pola obra “ Nutrindo a mente” ( 5 anos)


Parabéns as persoas gañadoras, o próximo 25 de novembro "Día contra a violencia de xénero" entregaranse os premios.

Ese mesmo día inaugurarase a exposición no centro das 49 obras recibidas.

Moitas grazas a todas as nenas, nenos, familia e profesorado por participar nesta convocatoria e seguir traballando a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.




jueves, 12 de noviembre de 2020

OBRADOIROS "O Sanjurjo con lentes violetas": Inscrición aberta para Ciberseguridade e Coeducar

Continuamos dándovos a coñecer as actividades para este mes do programa "O Sanjurjo con lentes violetas", unha iniciativa creada pola ANPA e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade que ten como obxectivo promover a igualdade real entre mulleres e homes e educar na prevención e rexeitamento das violencias machistas

Hoxe abrimos a inscrición para o Obradoiro sobre Ciberseguridade, que se celebrará o vindeiro mércores 18 de novembro de 17h a 18h30. Baixo o nome "Ciberseguridade para familias: Sexting e Grooming" queremos dar a coñecer, de xeito telemático e en colaboración con ADAFAD, todos aqueles contidos que son necesarios para dar a coñecer entre as familias os posibles riscos e principais problemas asociados co uso de Internet por parte das nosas fillas e fillos, e de todas as destrezas que debemos coñecer para diminuír eses riscos.

Se queres inscribirte, podes facelo a través deste formulario: https://forms.gle/72oNTJ8PH1bhfxuB7


O seguinte obradoiro que vos presentamos hoxe "Educar é coeducar: Xénero e educación emocional". Este obradoiro impartirase, en colaboración con Almas Meraki, o vindeiro 14 de novembro, entre as 10h e as 14h e está dirixido a todas as familias, centrado na educación emocional e na igualdade de xénero. Con el queremos analizar a construción das identidades de xénero na infancia, así como coñecer as competencias emocionais. 

Se queres participar del, podes inscribirte a través deste formulario: https://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

En ambos casos, recibiredes unha confirmación da vosa inscrición e tamén toda a información relativa á celebración do obradoiro e os protocolos para poder seguilos. 



lunes, 2 de noviembre de 2020

CONCURSO FOTOGRÁFICO CON LENTE VIOLETA. 2020

Comezamos a programación da segunda edición do programa "Sumamos lentes, ampliamos o enfoque. O Sanjurjo con lentes violeta" co concurso fotográfico "CON LENTE VIOLETA".





OBXECTO.
Difundir unha mensaxe igualitaria a través da fotografía, fomentando e visibilizando a igualdade de forma orixinal e creativa, favorecendo deste modo a reflexión sobre os valores igualitarios.

OBXECTIVO XERAL.
Sensibilizar sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

PARTICIPANTES.
Poderán participar alumnado, profesorado e familias, individualmente ou en grupos pertencentes ao centro CEIP Sanjurjo de Carricarte de A Coruña.

TEMÁTICA E FORMATO.
O material fotográfico debe ser orixinal e inédito, visibilizar aspectos igualitarios da nosa sociedade, recollendo imaxes non  sexistas, corresponsables, conciliadoras, de bo trato.
Pódese participar cun máximo de dúas fotografías.
Todas as imaxes deben vir identificadas cun título.

PRAZO: do 2 ao 13 de novembro de 2020

Animádevos a participar!








jueves, 29 de octubre de 2020

SUMAMOS LENTES, AMPLIAMOS O ENFOQUE. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS. 2020



Por segundo ano consecutivo presentámosvos o programa "O Sanjurjo con Lentes Violetas. Sumamos lentes, ampliamos o enfoque" un programa creado pola ANPA e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade co que desenvolveremos unha serie de accións destinadas ao alumnado e familias do centro, co obxecto de promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

Por mor da Covid todas as actividades foron adaptadas a situación cumprindo os requisitos, todas as actividades están aprobadas pola Dirección e equipo educativo.

 

Obxectivos xerais do programa:

· Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero, traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación
· Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.
· Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.
· Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia etc.
· Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de violencia de xénero.
·  Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, cooperación e resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento crítico.
· Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
· Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo adquirir os recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.
· Conmemorar cada 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero”.
· Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.
· Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade social ao alumnado e ás familias.

 

Actividades programadas:

1. Actividades e espectáculos escénicos dirixidos ao alumnado en horario lectivo








2. Actividades dirixidas as familias. 

Obradoiros e faladoiro


Como veredes tres actividades precisan inscrición previa, no caso das actividades presenciais para garantir o aforo e as medidas de seguridade necesarias. A intención e facelas o aire libre como primeira opción pero de non poder ser o aforo será limitado e cumprindo os protocolos.

Para inscribiros en Educar é coeducar e/ou en Menarquía para nais e fillas tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir. Ou entrar a través de estes enlaces.

Enlace inscrición Educar é coeducarhttps://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

Enlace inscrición Menarquíahttps://forms.gle/z6zDYMcAqCK4h8ZT8

No caso da charla sobre Diversidade sexual, está prevista para o 11 de novembro as 18.30h, non temos aforo limitado, pero precisamos ter unha previsión, polo que tedes que entrar no formulario e cubrilo, o prazo de solicitude remata o 9 de novembro. O mesmo día do obradoiro recibiredes as 18.15 o enlace para conectarvos. 

Enlace de inscrición: https://forms.gle/Tii6SVLAtoShbH569

Por ultimo, a actividade sobre Ciberseguridade é aberta, polo que en principio mandaremos o enlace por mail para que podades conectarvos se apetécevos participar.

Concurso de fotografía

Por segundo ano, convocaremos o día 2 de novembro o concurso fotográfico con lente violeta, con prazo de presentación de fotos o 13 de novembro. O luns colgaremos as bases, estade ben atentos e atentas.



Esperamos que desfrutedes da programación, lembrade que cada 25 de novembro, conmemorase o "Día contra a violencia de xénero", Non miremos cara outro lado e impliquémonos nesta loita educando aos nosos fillos e fillas en igualdade de oportunidades, como forma de eliminar as violencias machistas.

ANIMÁMOSVOS A TODOS/AS A PARTICIPAR!

 


martes, 27 de octubre de 2020

LISTADO PROVISIONAL BECAS COMEDOR 2020/21


Hoxe publícase o listado provisional das persoas beneficiarias das becas comedor. Deixámosvos o enlace onde encontraredes toda a información.

Importante: este ano existe prazo de presentación para presentar as alegacións, do 28 de outubro ata o 10 de novembro, ambos incluidos:

Pincha aquí para ver o enlace da publicación das becas

 

JARDANAY RECÓRDANOS:

  • A necesidade de apuntarseno comedor a través da web de Jardanay.Sería convinte que se desen de alta aqueles que se lles concedeu a beca e non teñen que presentar alegacións.
  • Mañá, mércores 28 de outubro, abrirase un proceso extraordinario, dende as 10:00h aprox. ata a noite do 1 de novembro, para aqueles que aínda nos se apuntaron (este ano é moi importante, xa que teñen que planificar a capacidade do comedor)
  • Lembrade que este ano existe a posibilidade de Jardanay na casa.   

 

A continuación deixámosvos a circular que publica Jardanay con toda a información. 

 


  • Se tedes calquera duda, podedes poñervos en contacto con eles a través do correo electrónico comedor@jardanay.es o chamalos ao 981 126 627

miércoles, 21 de octubre de 2020

ECOCARRICARTE 2020

 

Ecocarricarte é un programa de actividades  culturais de mellora de competencias educativas en colaboración co entorno socioeducativo do centro CEIP Sanjurjo de Carricarte que consta de actividades que desenvolven coñecementos, linguaxe, costumes, valores, crenzas etc. que apréndense a través da experiencia social.


O noso programa pretende achegar a través de diferentes expresións artísticas unha serie de coñecementos e valores universais de respecto, tolerancia, igualdade de xénero, convivencia e diversidade, baixo o nexo común do respecto e coidado medioambiental nesta segunda edición.


O programa de actividades é financiado a través da convocatoria de subvención á entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020 da Deputación da Coruña.


As actividades son coordinadas coa Dirección do centro e cumpre todas as medidas hixiénico-sanitarias marcadas polo protocolo do centro.


Achegamos o cartel de actividades que dará comezo este venres e finalizará o 18 de decembro.


Esperamos que o alumnado poda disfrutar destas actividades e impulsar o coñecemento do patrimonio natural, cultural , histórico e artístico galego, así como transversalizar a educación en valores de respecto, tolerancia e igualdade de xénero. 




 

jueves, 8 de octubre de 2020

Cambio nos horarios de saída do comedor


Dende Jardanay, para cumprir cos protocolos sanitarios da crise da COVID-19, trasládannos que é necesario mudar os horarios de recollida d@s nen@s á saída do comedor. 

Deste xeito, a saída das 15:15 múdase ás 15:30, conservando a saída das 15:45 tal e como está. 

O cambio farase efectivo o vindeiro martes 13 de outubro

Se algunha das familias afectadas por este cambio de horario tedes algún problema ou incompatibilidade con el, podedes escribirnos ao correo da ANPA para tentar solucionalo: anpaesanjurjo@gmail.com 


miércoles, 30 de septiembre de 2020

Actividades extraescolares

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Desde a Federación de ANPAS remitirán hoxe mail informativo ás familias que solicitáchedes alguna actividade

Queremos trasladar a información de última hora

O mínimo de escolares para a formación dos grupos queda fixado en 7 persoas inscritas, o máximo en 9.

De ter máis de 9 persoas inscritas, inmediatamente desdóblase o grupo para dar resposta á demanda e que non quede lista de agarda.

O cuestionario seguirá aberto as próximas semanas e de darse novas inscricións poderán abrirse grupos novos nas vindeiras semanas. http://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso2020

 

Neste momento temos confirmados os seguintes grupos:

Educación Infantil:

·         Manitas

·         Xogos rítmicos

4º a 6º de Educación Primaria:

·         Ximnasia rítmica

·         Escape room

 

Estas actividades dan comezo a partir de mañá xoves 1 de outubro.

Trasladamos ao monitorado de comedor o listado do alumnado que vai directamente desde o comedor ás actividades

 

Un saúdo

 

A Directiva da ANPA

jueves, 24 de septiembre de 2020

erro no prezo da actividade extraescolar english lab

 Bo día

Acaban de informarnos desde a Federación de ANPAS que hai un erro no prezo da actividade extraescolar English Lab

O prezo correcto son 15€ mensuais e non trimestrais como figura na difusión.

Contactarán coas familias que solicitáchedes a actividade para informarvos do erro.

Trasladan a todas as súas desculpas

martes, 22 de septiembre de 2020

lunes, 21 de septiembre de 2020

AVISO IMPORTANTE FORMULARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Bo día

o formulario de inscrición nas actividades está dando erro e dende Federación de ANPAS estase a traballar para solucionalo canto antes, ante esta circunstancia amplíase o prazo de solicitude ata este xoves 24 de setembro.

Desculpade as molestias

domingo, 20 de septiembre de 2020

ABERTO CUESTIONARIO PARA SOLICITUDE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

está xa dispoñible o cuestionario para realizar a inscrición nas actividades extraescolares

 http://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso2020


martes, 15 de septiembre de 2020

AVISO IMPORTANTE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Bo día familias

neste momento aínda non está operativo o enlace para realizar a inscrición das actividades extraescolares, avisaremos a través do blogue tan pronto poda iniciarse o proceso.

Informarvos, que este curso 20-21, non se convocará a actividade de natación escolar.

lunes, 14 de septiembre de 2020

ABERTO O FORMULARIO DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!!!!!

 Esta é a proposta de cado de actividades extraescolares 2020-2021 que tratarase hoxe na Asemblea das 19h, lembrade que esta é online e que tedes no mail o enlace para unirvos.

A continuación facémosvos un pequeno resumo por programa e actividade.

Programa que favorece o desenvolvemento integral do alumnado a través da actividade física e deportiva.

Período de realización: do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021

Cotas trimestrais:

·         Período de outubro a decembro: 15 € por participante e escola deportiva

·         Período de xaneiro a marzo: 15 € por participante e escola deportiva

·         Período de abril a maio: 10 € por participante e escola deportiva

*Aboarase una única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes.

Prazo de inscripción: do 1 ao 20 de setembro na seguinte ligazón http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

Horario: ver cadro de actividades

Educación infantil

·         Xogos Rítmicos:  luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas

·         Pre-patinaxe: martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas

1º EP a 3º EP

·         Patín: luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas

·         Ximnasia Rítmica: martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas

4º EP a 6º EP

·         Patín: luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas

·         Ximnasia Rítmica: martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas

·         Atletismo: martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas

ARTE E CULTURA - OBRADOIROS

Proposta de ocio educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) do alumnado nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando).

Período de realización: do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021

Cotas trimestrais:

·         Período de outubro a decembro: 15 € por participante e obradoiro

·         Período de xaneiro a marzo: 15 € por participante e obradoiro

·         Período de abril a maio: 10 € por participante e obradoiro

*Aboarase una única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes.

Prazo de inscripción: do 1 ao 20 de setembro na seguinte ligazón http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

Horario: ver cadro de actividades

Educación infantil

·         Manitas: luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas

     

·          Eureka: martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas

      

1º EP a 3º EP, Abracadabra: martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas

4º EP a 6º EP, Escape room: martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas

ARTE E CULTURA - PROXECTOS

Actividade na que partindo dun centro de interese e baixo a metodoloxía de traballo por proxectos desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que nenas e menos serán as verdadeiras protagonistas xerando a súa propia aprendizaxe a través da investigación e expeimentación fomentando á vez o espíritu crítico e o traballo en grupo

Período de realización: do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021

Cotas trimestrais:

·         Período de outubro a decembro: 18 € por participante e proxecto

·         Período de xaneiro a marzo: 18 € por participante e proxecto

·         Período de abril a maio: 12 € por participante e proxecto

*Aboarase una única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes.

Prazo de inscripción: do 1 ao 20 de setembro na seguinte ligazón http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

Horario: Venres de 16:00 a 18:00 horas


ENGLISH LAB

Período de realización: do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021

Cotas trimestrais:

·         Período de outubro a decembro: 15 € por participante

·         Período de xaneiro a marzo: 15 € por participante

·         Período de abril a maio: 10 € por participante

*Aboarase una única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes.

Prazo de inscripción: do 1 ao 20 de setembro na seguinte ligazón http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

Horario: ver cadro de actividades

1º EP a 3º EP: luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas

4º EP a 6º EP: luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas