Prezadas familias,
Como xa sabedes, o traballo da ANPA é voluntario e del depende o funcionamento de servizos fundamentais para a nosa conciliación familiar como son os de madrugadores, o comedor ou as actividades extraescolares. Agora mesmo, e en gran medida debido á situación sanitaria, somos poucas as persoas que nos encargamos de xestionar estes servizos e en moitos casos consumen todas as nosas enerxías e tempo libre, polo que coutan a posibilidade de botarlle man a outras cuestións.
Neste sentido, sería interesante para toda a comunidade educativa poder contar cun grupo de persoas interesadas en traballar nalgúns dos moitos aspectos que podemos mellorar do funcionamento do noso centro. Para xestionar dunha maneira participativa as vosas colaboracións, ocorréusenos crear unhas comisións que reflictan as liñas principais do noso traballo. Estas comisións van servir tanto para recoller ideas e iniciativas, como para ter apoios puntuais en momentos nos que necesitamos que nos boten unha man ou para poder poñer en marcha proxectos para os que non damos feito.
Para botar a andar estas comisións imos crear diferentes grupos de whatsapp. Son os seguintes:
1. Comedor: seguimento de incidencias, posibles variacións comida /horarios, incidencias,...
2. Actividades extraescolares: seguimento das actividades, planificación, propostas novas, cambios, apoio nos días de exhibición…
3. Comunicación: deseño de carteis, notas no blogue, novas ideas, rrss
4. Proxectos: desenvolvemento doutras iniciativas dentro do centro escolar, proxectos de igualdade, colaboración cos centros penitencANiarios, O noso patio…
5. Grupo da horta: xa en activo; acéptanse novas incorporacións.
Como traballo voluntario que é o da ANPA, cada quen pode colaborar na medida que queira e co que lle pareza: podedes achegar as vosas ideas, algo do voso tempo, parte dos vosos coñecementos, colaborar na toma de decisións...
Para participar, escribidenos! Esperámosvos!
E-mail:anpaesanjurjo@gmail.com
Whatapp: 604 049 984