viernes, 2 de junio de 2023

ACTUALIZACION CAMPACOLES

                 

 

Última actualización campacoles:

 ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

  • A adxudicación de prazas realizouse atendendo aos criterios publicados nas bases que figuran no díptico de Campacoles Verán 23.
  • Para a consulta na listaxe de admisión, deberase ter en conta: o centro sede do campacole, as duas primeiras letras do 1º apelido, as primeiras letras do segundo apelido e do nome e os 4 últimos díxitos e letra do DNI/NIF/PASAPORTE do responsable do/a escolar.
  • Deberase comprobar o importe das quendas e dos servizos admitidos (ADM.)


PRAZO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO DA COTA

  • Ata o venres 9 de xuño ás 23:59 h.
  • Para formalizar a inscrición deberase facer o ingreso da cota correspondente na conta da Federación de ANPAS: ES37 2100 6359 5802 0006 1816 e enviar o xustificante ao correo electrónico campacoles@fedapascoruna.org especificando:
                            o Sede de Campacoles
                            o Nome e apelidos do/a escolar
                            o Quenda/s e servizo/s (madrugadores con ou sen almorzo e comedor) nos que inscribe ao escolar.


IMPORTANTE

  • De non realizarse o pagamento e o envío do comprobante no prazo indicado, a praza quedará vacante, sendo ocupada polos solicitantes da listaxe da agarda.
  • O beneficiario de beca comedor comunicará igualmente a aceptación da quenda/s do campacole por correo electrónico a campacoles@fedapascoruna.org ata o venres 9 de xuño ás 23: 59h. No caso de aceptación dos servizos (madrugadores e comedor) deberán aboar a cota correspondente na conta da Federación de ANPAS ES37 2100 6359 5802 0006 1816 e enviar o xustificante da transferencia a campacoles @fedapascoruna.org. De non facelo no prazo indicado entenderase que renuncia á praza obtida.


DEVOLUCIÓNS

  • Unha vez formalizada a inscrición non se devolverá as cotas de campacoles nin dos servizos (madrugadores con e sen almorzo e comedor) agás causa de forza maior e debidamente xustificada (enfermidade). 
  • Se unha vez rematado o prazo de inscrición e listaxe de agarda, non se acadase o mínimo de 15 inscritos para o campamento e 10 para os servizos de madrugadores e comedor, procederase á baixa do servizo e a devolución das cotas correspondentes.


MÁIS INFORMACIÓN: 649 055 939 / 698 158 503 / 981 202 002
HORARIO: 9:30 a 14:00 h. e 16:00 a 18:30h. campacoles@fedapascoruna.org

 

Publicada listaxe de admitidos no campacole CEIP Torre de Hércules.

ADMITIDOS CAMPACOLE CEIP TORRE DE HÉRCULES

Publicada listaxe de preinscritos no campacole CEIP Torre de Hércules.

PREINSCRITOS CAMPACOLE CEIP TORRE DE HÉRCULES

Publicada acta co sorteo da letra: V, segunda E 

ACTA SORTEO LETRA