jueves, 1 de junio de 2023

CURSO ONLINE: MENORES E SEGURIDADE NA REDE


Dende o Canal Joven da Axencia Española de Protección de Datos infórmannos de que o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (LNIEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e mais a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) organizan a 4ª edición do curso NOOC “Menores y seguridad en la red”, co obxectivo de dar a coñecer pautas, ferramentas e estratexias para un uso razoable da Internet, para evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da rede por parte dos menores. A idea é dar pautas ás familias e aos docentes para poder orientalos e acompañalos no entorno dixital e axudarlles a salvagardar a súa intimidade e benestar persoal. 
 
Vaise levar a cabo entre os días 7 e 16 de xuño de 2023. É unha iniciativa formativa aberta, dirixida á comunidade educativa, especialmente aos proxenitores, familias e profesorado, titores e equipas directivas de centros educativos. Realizarase a través da plataforma de aprendizaxe de INTEF, co que para participar de forma activa unicamente se necesita unha conexión a Internet que posibilite a visualización de elementos multimedia. 
 
Máis información no seguinte enlace: pincha aquí