lunes, 3 de julio de 2023

ACTUALIZACIÓN: Guía informativa Jardanay 2023/2024.


Guía informativa Jardanay para o CEIP Torre de Hércules de cara o vindeiro curso 2023/2024.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 30 DE AGOSTO

ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS – PRAZOS E OPERATIVA PRAZOS


- Inicio de curso: As inscricións de inicio de curso 2023-2024 poderanse realizar desde o día 1 de xullo ao 30 de agosto, ambos incluídos, a través da plataforma online.
- Durante o resto do curso: as novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
- Non terán efecto as comunicacións fóra de prazo nin con defectos de forma OPERATIVA.


Lembramos que é obrigatorio ser socio/a da ANPA para facer uso de todos os servizos.


Os formularios cumprimentaranse exclusivamente a través da páxina web www.jardanay.es (apartado área clientes e centro escolar). Non se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin por correo electrónico.


As claves para acceder á área privada do centro son:
- Usuario: torredehercules
- Contraseña: comedores2023

Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. 

No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no correo electrónico. Esta copia equivale a unha confirmación da praza, a menos que a empresa póñase en contacto por algún problema concreto.
Para facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar rexistrado/a nesta modalidade e, no caso do comedor, avisar o día anterior a acudir mediante teléfono (ao coordinador/a) ou correo por electrónico. 

Lembramos que é imprescindible cubrir o formulario coas persoas autorizadas para recoller aos/as menores.


DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS
Dieta branda: avisade no teléfono do coordinador/a ou na oficina antes das 9:00 da mañá.
Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. intolerancia á lactosa): é imprescindible cubrir o formulario web para solicitar unha dieta adaptada.
Desde intolerancias@jardanay.es confirmarase a recepción e a fecha de comezo da dieta.
O mesmo formulario sirve para baixas ou modificacións na alerxia/intolerancia.
Non se admitirán solicitudes por calquer outro medio (mail, teléfono, centro, etc).


SERVICIO DE CAMBIADORES
Mediante este servizo, destinado ao alumnado de Educación Infantil, o persoal de Jardanay desplazarase ao centro escolar para cambiar o neno ou nena si fora necesario. O horario de atención é o horario lectivo (durante as clases), en madrugadores e en comedor.


SEGURO DE ACCIDENTES
Realizarase un pagamento único de 8,00 €, que se aboará co primeiro recibo dos servizos contratados. A inscrición en modalidade esporádica non implica o pagamento do seguro ata que se faga uso dos servizos. Se o alumnado necesitara atención sanitaria cuberta polo noso seguro, é imprescindible avisar ao coordinador/a do centro. No caso de posteriores consultas, é necesario contar coa autorización da oficina de Jardanay.
 

FORMA DE PAGO
• Sempre mediante domiciliación bancaria, o día 15 de cada mes.
• Os alumnos/as esporádicos/as pagarán “in situ” a través do sistema de vales.
• A ausencia ou non uso dalgún servizo non exime do pago da cota.

¿CANTO CUSTAN OS SERVIZOS?

    

*Cando acudan dous irmáns/ás ao comedor, aplicarase un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou máis irmáns/ás, o desconto será do 12%, tamén nas modalidades máis económicas. A modalidade esporádica non ten descontos. 

 

  Para calquera información adicional sobre o seu traballo e valores, chamaos ou
visita a súa web!

OFICINAS JARDANAY: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda • A Coruña • Tel. 981 12 66 27
(Horario: de 8:00h. a 18:00h) • comedor@jardanay.es | www.jardanay.es
COORDINADOR/A: Tel. 650 471 382