domingo, 3 de septiembre de 2023

ABERTO PRAZO INSCRICIÓN PROGRAMA CÓXEGAS


PROGRAMA CÓXEGAS  

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 11 ao 29 de setembro de 2023.

 

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello da Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

 

  • Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)
  • Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

 

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

 

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16:00 a 17:00 h. na inscrición.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN: Prazo improrrogable do 1 ao 5 de setembro de 2023 en www.fedapascoruna.org/inscripciones

 

CUSTO DO PROGRAMA:

  • 15€ por participante.
  • Os escolares beneficiarios de beca comedor aboarán o 50% da cota (7,50€).
  • Ademáis aboarase unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura ao escolar en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 23-24.