luns, 6 de febreiro de 2017

Escola de familias

Chéganos esta información desde Attendere sobres uns talleres que realizan mensualmente de febreiro a xuño. O primeiro taller, sobre a Fisioterapia respiratoria, terá lugar o sábado 18 de febreiro. Tedes todolos detalles neste enlace

xoves, 2 de febreiro de 2017

Elefante Elegante

Como moitos sabedes, a compañía Elefante Elegante son quen nos amosa todos os venres no cole a maxia do teatro.
Os próximos días 17 e 18 de febreiro estrearán no Teatro Rosalía de Castro o espectáculo Tropical.
Podedes mercar as entradas en ticketea, na praza de Ourense, no propio teatro e por teléfono.

Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que se mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros.
Do norte ao sur nun cruceiro e do sur ao norte nunha chalana. Cinco grupos de viaxeiros con destinos entrelazados nun navío de nome TROPICAL.
Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están producindo non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.
Un espectáculo cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza.
TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.
Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares.


Info: https://www.coruna.es/portal/gl/axenda/proximos-eventos/detalle-axenda/tropical/suceso/1453611911383?argIdioma=gl

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Amianto nos centros educativos

Achegamos a carta de CONFAPA-GALICIA enviada á Consellería de Eduación solicitando a retirada, con todas as medidas de seguridade, das cubertas de amianto que quedan en moitos dos nosos Centros Educativos. Este escrito foi dirixido tamén ás Consellerías de Sanidade, Industria, Infraestructuras e a Valedora do Pobo. 

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapRVl6MHBac1k4c0U


venres, 20 de xaneiro de 2017

Saímos nos períodicos!

Esta semana saímos moito nos medios.
Como casi todos saberedes, o outro día entraron a roubar no centro, e así o recolleron en El Ideal Gallego. A verdad, é tristemente frecuente que se entre á forza no cole, a ver se con esto de saír na prensa, aos ladróns lles entra o medo... aínda que sexa escénico!

Por outra banda, o alcalde recibiu onte a varios membros da nosa comunidade educativa, que achegaron a maqueta definitiva do proxecto O noso patio. Neste enlace tedes a nova na web do concello, pero tamén o contan en La Opinión de A Coruña e teñen unha chea de fotos do evento que podedes ver neste enlace.
O concello tamén colgou no sea facebook varias fotos


xoves, 5 de xaneiro de 2017

Taller de curtametraxes

Feliz ano a todos!!!
Chéganos información do taller gratuito de curtametraxes en galego que oferta o Concello da Coruña, o prazo de inscrición remata o día 10 de xaneiro. 

sábado, 24 de decembro de 2016

Xoguetes

Xa veña á nosa casa o Apalpador, os Reis Magos ou Papa Noel, deixará seguramente algún xoguete para ós nosos nenos. Hai uns días, El Mundo titulaba: Pasillo rosa: ¿el fin del sexismo en los juguetes?
Se queredes, podedes botarlle un ollo. Eu tampoco entendo, como din no artigo, que se cambien os colores dos legos para que lles resulten máis atractivos ás nenas (ou teríamos que dicir ós pais?)
Qué pensades? Hai xoguetes para nenos e xoguetes para nenas? 
Eu levo anos utilizando esta guía que me axuda a diferenciar fácilmente se un xoguete é para neno ou para nena...😉

Boas festas!!!

luns, 19 de decembro de 2016

Festa!!!!

Xa temos aquí o Nadal pero antes das merecidas vacacións temos unha pequena celebración  o mércores 21 de decembro de 16 a 18 no cole con algunha sorpresa máxica e chocolate quentiño con ricos churros. Esperámosvos!!!!

venres, 16 de decembro de 2016

Feira científica na Domus e máis cousas

O sábado 17 celébrase a feira cientifica UDCiencia na domus. Para que todos podamos asistir aos diferentes talleres e actividades que terán lugar, a entrada é gratuita. Neste enlace tedes máis información.
O domingo temos un día moi musical. Pola mañán, as 12:30, representarase Pedro y el lobo no Mac. Á tardiña tocarán os nenos da Orquesta Abanca Resuena, na que participan varios nenos do noso centro. Apuntade: as 17:00 no Palacio de la Ópera. Os dous concertos con entrada libre.