Como cada ano o Concello en convenio coa Federación de Anpas pon a dispor de quen o necesite o servizo de CÓXEGAS mentres non comezan as actividades extraescolares. Achegamos o tríptico enviado pola Federacion e informámosvos de que podedes apuntarvos no local da Anpa o LUNS 10 de SETEMBRO en horario de 11 a 12 e de 16 a 17.
As novidades para o presente curso son as seguintes:
1. O tríptico de actividades contén toda a información referente aos distintos programas que van poñer en marcha.
2. A folla de inscripción é única para todas as actividades. Figura en papel autocopiativo para que a familia poida quedar cunha copia da mesma.
Por favor, lede detidamente a información do díptico sobre CÓXEGAS. Con respecto o resto de actividades informaremos próximamente.
venres, 7 de setembro de 2018
luns, 23 de xullo de 2018
Listaxe previa á definitiva do Programa bolsa comedor escolar. Curso 2018/2019

Aquí deixámosvos unha ligazón coas listaxes provisionais para a bolsa comedor, lembrade que o o prazo para presentar alegacións comprende do luns 23 de xullo ao luns 6 de agosto do presente ano 2018.
venres, 15 de xuño de 2018
O noso patio (e máis)
Difundimos a última entrada do blogue de O noso patio, onde veremos cómo os nenos de infantil participan no proxecto.
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
- hoxe a festa da inauguración da bancada,
- o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
- o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
- hoxe a festa da inauguración da bancada,
- o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
- o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso
martes, 29 de maio de 2018
Visita a Expo-Activa de Ludantia
Os nenos de 5º e 6º de primaria visitaron a Expo-activa de Ludantia. Despois de ler a entrada de blogue de O noso patio, seguro que tedes ganas de visitala tamén!
https://onosopatio.wordpress.com/2018/05/25/visita-a-expo-activa-de-ludantia/
https://onosopatio.wordpress.com/2018/05/25/visita-a-expo-activa-de-ludantia/
xoves, 10 de maio de 2018
xoves, 1 de marzo de 2018
Blogue O noso patio
Como sabedes, o proxecto O noso patio crece cada día. Coincidindo coa festa do próximo venres (ou o seguinte, dependendo da choiva) estrearon un blogue onde está documentada cada fase do proxecto, e onde se publicarán as novidades. Podedes deixar comentarios, revisar todas as fotos, a ver se os vedes. Botádelle un ollo: https://onosopatio.wordpress.com/
mércores, 3 de xaneiro de 2018
Actividades nos centros cívicos
O periodo de preinscripción das actividades socioculturais no centro cívico de Monte Alto será os días 8, 9 e 10, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00. Consultade o boletín que envían desde o centro cívico con todas as actividades ofertadas e as datas de interes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


