mércores, 26 de decembro de 2018

ASÍ FOI A CHARLA "XOGOS PARA SER IGUAIS"

O xoves celebramos no marco da campaña a prol dos xoguetes educativos, non violentos e non sexistas a charla para familias “Xogos para ser iguais”, impartido por Eva Ovenza, psicóloga especialista en Xénero que xunto con outras expertas como Sol Insua e Tamara Rodríguez recopiaron materiais para a sesión na que traballamos sobre a natureza do xogo e a importancia de elixir os xoguetes tendo en conta que non discriminen por razón de xénero, que teñan en conta as diversidades, que sexan non violentos e desenvolvan capacidades e aprendizaxes. O xogo representa os diferentes aspectos na vida e contribúe o desenvolvemento físico, social, emocional e cognitivo dun mundo mais igualitario.




Descubrimos que o xogo é un dereito dos nosos nenos e nenas, onde a través dél favorécese a aprendizaxe e a socialización, estimúlase a expresión de ideas crenzas e sentimentos. Concordamos en que sen xogo os xoguetes no teñen sentido pero sen xoguetes os nosos nenos e nenas seguirán xogando e creando un mundo imaxinario.

O xoguete é unha creación artesanal ou industrial que acompaña un xogo, por eso é tan importante elixilos tendo en conta que:

v  Non existen xoguetes para nenos e nenas, nin cores, senón que estes responden a decisións sociais arbitrarias da industria textil.

v  É importante elixir xoguetes que reflicten a diversidade sexual, étnica, familiar, funcional, etc...

v  Os xogos cooperativos e colaborativos fomentan que as nenas e nenos xoguen por igual, de forma ceibe e expontánea, sen discriminacións, reflexionamos sobre a importancia de elixir xoguetes en calma e xoguetes que fomenten o movemento.

v  Debemos fixarnos en que os xoguetes sexán seguros, adecuados as idades e sexan medioambientalmente responsables, temos a oportunidade de educar nun consumo sostible e solidario.

v  Co xogo violento pérdese sensibilidade ante a dor e os perigos, as situación vividas non son reais pero os sentimentos si.

v  A través dos xogos podemos traballar as emocións, aprendendo a identificalas e a regulalas, xa que o xogo é un proceso catártico que libera tensión, de aquí a importancia de aprender a xestionalas para fomentar relación sas, positivas e constructivas.

Tamén reflexionamos sobre que os contos teñen un gran poder de transformación, a través deles podemos traballar aspectos como a igualdade (roles, estereotipos), a diversidade sexual, afectividad y sexualidad, modelos de familias, violencia de xénero, visibilidade das mulleres, porque as historias nos axudan a:

ü  Identificarnos coas persoaxes
ü  Crear un contexto lúdico, um mundo imaxinario onde poder descargar medos e emocións, e aprender a regularse.
ü  Aprender novas formas de resolución de conflitos
ü  Entender a función socializadora, incorporación de valores sociais en igualdade, onde non predomine a superioridade do home sobre a muller, onde as mulleres esten representadas e nomeadas nas historias, onde repartanse os coidados e as tarefas do fogar, onde as mulleres participen da vida publica e productiva, etc.
ü  Aprender sobre as identidades (xénero, sexual).

Para elixir contos coeducativos debemos fixarnos nas persoaxes, nas imaxes, nos roles, diálogos, na linguaxe, etc.

Os contos educan en igualdade cando:

·       As persoaxes femininas son suxeitos de acción, con voz propia. Protagonistas da súa propia historia.

·       Aparecen persoaxes femininas e masculinos alonxados dos roles tradicionales cunha visión positiva. (rebeldes, xustas, con poder, emprendedoras, empoderadas, etc.)

·       As persoaxes non reforzan os mandatos da beleza

·       Reflicten as diversidades (sexuais, familia, relacións, etc)

·       Contan historias de relacións saudables non basadas na sumisión nin a violencia, senón no amor (non romántico), respecto, tolerancia.

Como nais e país temos moito que facer para educar en igualdade, algunhas pistas son:

Ø  Ofrecer novos patróns e modelos de relación, invertindo roles.

Ø  Empregar os xoguetes rachando coa división tradicional

Ø  Evitar valoracións negativas de papeis sociais como o coidado, dándolles valor, recoñecendo a importancia.

Ø  Potenciar o acceso aos xoguetes tradicionalmente vetados.

Ø  Non reforzar ou transformar as imáxenes estereotipadas, sustituíndolas e analizándoas. (Catálogos, publicidade, contos, etc.)

Ø  Xogar coas nosas nenas e nenos de xeito indiferenciado.







Deixamosvos unha pequena selección de contos por se pode ser de interese para as familias, se vos animades a compartir algún título poñédeo como comentario a esta entrada:

ANTIPRINCESAS
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?", Raquel Díaz Reguera, Thule ed. (+3 años)
"Las princesas también se tiran pedos", Ilan Brenman y Ionit Zilberman, Algar ed. (+3 años)
"¿Las princesas usan botas de montaña?", Carmela Lavigna, ed. Picarona (+3 años)
"La princesa que quería escribir", Beatriz Berrocal Perez, ed. Amigos de Papel (+4 años)

CLÁSICOS REVISADOS
"Colección érase dos veces", Belen Gaudes y Pablo Macías, ed. Cuatro Tuercas (+5 años) "Caperucita roja, verde, amarilla, azul y blanca, Bruno Munari y Enrica Agostinelli, ed.Anaya (+6 años) "La niña de rojo", Aaron Frisch i Robert Innocenti, ed Kalandraka (+9 años)

IGUALDADE DE XÉNERO. RACHANDO ROLES E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
"Rosa Caramelo", Adela Turin y Nella Bosnia, ed. Kalandraka (+5 años) 
"La historia de los Bonobos con gafas", Adela Turin y Nella Bosnia, ed. Kalandraka (+5 años) 
"Arturo y Clementina", Adela Turin y Nella Bosnia, ed. Kalandraka (+5 años) 
"Una feliz catástrofe", Adela Turin y Nella Bosnia, ed. Kalandraka (+5 años) 
"El lápiz mágico de Malala", Malala Yousafzai y Kerascoët, Alianza editorial (+5 años) 
“Iriña Bailariña”, Rodríguez, Paloma e Justo, Cristina. A Igualdade Conta. Ed Embora (+3 años) 
“O segredo de Flora”, Rodríguez, Paloma e Justo, Cristina. A Igualdade Conta Ed Embora. (+3 años) 
“O país dos mandóns”, Rodríguez, Paloma e Justo, Cristina. A Igualdade Conta. Ed Embora (+3 años) "Cuando las niñas vuelan alto", Raquel Díaz Reguera, ed. Lumen (sin edad, a partir de 4 años) 
"Ricitos de oso", Stéphane Servant y Laetitia Le Saux, ed. Juventud (+3 años) 
"¡Pink! El pingüino que se volvió rosa", Lynne Rickards y Margarete Chamberlaine, ed. Trapella Books (+3 años) 
"El dragón Zog", Julia Donaldson y Axel Scheffler, ed. MacMillan (+3 años) 
“Alfombriña” Cristina Ferreirós. Ed. Baía Edicións, 
“Mulleres bravas da nosa historia” Colección. Urco Editora 
“Un papá con delantal” Magela Demarco, Andrea Bianco, Ed.Bellaterra. 
“Nai” Hèléne Delforge, quentin gréban. ALGAR 
“A meniña furacán, e o meniño esponxa”. Ilan Brenman, Lucía Serrano. Algar 
“Pippi Medias Longas” embarca. Astrid Lindgren. Kalandraka

IDENTIDADE E ORIENTACIÓN SEXUAL
"Rula busca su lugar", Mar Pavón y Maria Girón, ed. Tramuntana (+4 años) 
"La princesa Li", Luis Amavisca y Elena Rendeiro, ed. NubeOcho (+4 años) 
"La peluca de Luca", VVAA (+4 años) 
“Ni Guau ni Miau” Blanca Lacasa, Nubeocho Ediciones (+5 años)

DIVERSIDADE FAMILIAR
"Don caballito de mar", Eric Carle, ed. Kókinos (+3 años) 
"Cada familia, a su aire", Béatrice Boutignon, ed. Hotelpapel (+3 años) 
"¡En familia!", Alexandra Maxeiner y Anke Kuhl, ed. Takatuka (+7 años):da familia, a su aire", Béatrice Boutignon, ed. Hotelpapel (+3 años) 
“Teño dúas casas”, Rodríguez, Paloma e Justo, Cristina. A Igualdade Conta. Ed Embora (+3 años)

Visualizamos varias campañas a prol do xoguete non sexista e anuncios publicitarios sexistas e incidimos na importancia de que denunciemos a publicidade sexista a través dos Observatorios da Xunta e do Ministerio enviando un mail a igualdade@xunta.es ou observatorioimagen@inmujer.es

Paralelamente celebrouse o obradoiro de creación de xoguetes con material de refugallo impartido por Lorena da OMIC, os nenos e nenas desfrutaron creando, imaxinando e compartindo.




Tamén, informaros que xa entregamos todos os xoguetes doados durante a campaña a tarde do venres.

Por último, darvos as grazas a todas as familias que participáchedes na Campaña, que fúchedes moitas e desexarvos unhas Felices Festas!

venres, 21 de decembro de 2018

TRASLADO DE SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES.

Debido ao mal estado do edificio usado actualmente para dar o servizo de comedor e madrugadores, con graves deficiencias sanitarias e con falta de mantemento, vémonos na obriga de trasladar os citados servizos por orde da Conselleira de Educación e Comedores Escolares.

A nova localización elixida pola Consellería de Educación para dar o servizo situarase dentro do edificio do colexio. O sábado 22 de decembro, segundo infórmanos Dirección, procederase ao comezo das obras para o acondicionamento do novo espazo, este será na planta baixa do centro, fronte ás aulas de infantil, uniranse dúas aulas (antiga aula de informática e a aula actual de música) e colocarán un pequeno oficce. Estas obras trasládannos que se farán no menor prazo posible, tentando que o novo espazo este listo para a segunda ou terceira semana de Xaneiro.

Pola nosa banda como ANPA queremos comunicarvos que cremos que os/as nosos/as fillos e fillas van saír gañando co cambio de espazo, xa que a situación era insostible, pero pola nosa banda agora comeza unha nova loita para conseguir que esta localización "temporal" non pase a ser definitiva, e dunha vez por todas alguén se faga cargo do edificio anexo ao centro e rehabiliten ou constrúan un novo, onde os/as nosos/as fillos e fillas teñan un espazo digno onde comer a diario e poder devolverlle ao colexio a súa aula de música.

mércores, 19 de decembro de 2018

CAMBIO DE PROFESORADO NA ACTIVIDADE DE DEBUXO


Por motivos persoais Mari Luz, a actual profesora de debuxo ten que deixar de impartir esta actividade no noso centro, dende aquí queremos darlle as grazas por todos estes anos compartidos cos nenos e nenas do Sanjurjo e desexarlle o mellor nesta nova etapa.

Informarvos que a partir de Xaneiro a actividade de debuxo será impartida, nos mesmos días e horario habitual por dúas novas profesoras, Angeles (luns e xoves) e Yosune (martes) ámbalas dúas pertencentes a cooperativa artística Plano Pementa. 

xoves, 6 de decembro de 2018

ELEXIR XOGUETES NON É UN XOGO

Como xa sabedes este ano puxemos en marcha en colaboración co centro e a OMIC, unha campaña de concienciación a prol dos xogos e xoguetes educativos non sexistas e non violentos.
Editamos un marcapáxinas cun decálogo cos aspectos a ter en conta para educar en igualdade e organizamos as seguintes actividades:

20 de Decembro de 2018 16.30h-17.30h

Charla "Xoguetes para ser iguais" 
Obradoiro infantil de creación de xoguetes de refugallo (actividade paralela para nenos e nenas). Este obradoiro será impartido pola OMIC para facilitar a participación das familias na charla.

É preciso inscribirse tanto na charla como no obradoiro a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSccvhkttmUpd7tZOH64Ffccc9Fm_40vsu52eU_6uMdTTYVGug/viewform?usp=sf_link

20 de Decembro de 2018 17.30h-18h

Merenda en comunidade.
Despois da charla e obradoiro, traede algo de merendar para compartir.


10,12,17 de Decembro de 2018. 16h-17.30h   
12,14 de Decembro de 2018. 9h-10h

Recollida de Xoguetes para doar a Casa dos Xoguetes. 
Se queredes axudar na recollida, revisión e clasificación de xoguetes, tanto nenos/as como nais e pais, so tendes que vir o local da ANPA os días marcados para a recollida, esperámosvos!






Renovación actividades Deporte no Centro

No mes de decembro os nenos e nenas que están inscritos nas escolas do programa Deporte no centro (Baloncesto, Patín, fútbol e ximnasia rítmica) deberán renovar a inscripción e facer os pagos das cotas correspondentes para a súa continuación no mes de xaneiro.
Lembrade que os nenos e nenas que se incorporen por primeira vez aos programas, a excepción dos beneficiarios/as de beca de comedor, deben de abonar o seguro da actividade. (4 €).

As cotas do programa Deporte no Centro de xaneiro a maio 2019 son as seguintes:

FAMILIAS DE…..
COTAS  (xaneiro a maio 2019)
1 Fillo/a
20,00 €  por cada actividade
2 Fillo/as
16,00 €  por cada actividade e fillo/a
3 Fillo/as
14,00 €  por cada actividade e fillo/a
Máis de 3 fillo/as
12,00 € por cada actividade e fillo/a



Para este novo período manteranse as becas igual que ata de agora para os nenos que teñan concedida a beca municipal de comedor escolar.

Podedes facer a renovación o luns 10 (de 16 a 17.30h), mércores 12 (de 9 a 10 e de 16 a 17.30h) venres 14 (de 9 a 10h) e luns 17 (de 16 a 17:30h).

Como os pagos son en efectivo pedímosvos que procuredes traer o importe exacto para axilizar o proceso e falicitarnos o traballo.