martes, 18 de xuño de 2019

PARTE I- RECURSOS SEXUALIDADE



O pasado mércores 29 de maio de 4 a 6 da tarde non salón de actos, tivemos unha charla de sexualidade para familias  impartido por Marisol Insua, Directora do centro de Atención ás Sexualidades e nai do noso centro. Moitas grazas Sol, foi fantástico escoitarte!




Pasounos un montón de recursos que pensamos que poden ser utís para moitas familias que queredes traballar esta temática cos vosos fillos e fillas.
 Moitas son as dúbidas que xorden.
Os nenos e as nenas teñen desexo sexual?
A que idade empezan a telo?
As nenas e os nenos teñen sexualidade?
É diferente a sexualidade dos nenos e das nenas?
É bo falarlles de temas relacionados coa sexualidade?
A partir de que idade é aconsellable comezar coa educación sexual?
O que nos quedou ben claro é que é posible educar de forma eficaz logrando que os nosos fillos e fillas se coñezan, se acepten e vivan a súa sexualidade de forma satisfactoria, e tamén que a educación da sexualidade e inevitable, educamos co que dicimos pero tamén co que callamos e co que facemos.
Temos un papel insustituible porque non só é importante os conceptos senón os valores que transmitimos cando falamos de sexualidade e afectos.
RECURSOS
Menstruación:
Reprodución:
de donde venimos?
para cambios na pubertade
 
Diversidades:


Empoderamento:
 
 
 
 
                   
 
 



venres, 14 de xuño de 2019

MEMORIA ACTIVIDADES 2018/2019



O pasado luns 10 de Xuño celebrouse a Asemblea Xeral de fin de curso na que acordamos que subiríamos o blog a presentación empregada e unha memoria de actividades do curso 2018 e 2019.

Deixámosvos entes enlaces para consultar os seguintes documentos:



Calquera dúbida que precisedes aclarar podedes contactarnos no horario da ANPA ou no mail anpaesanjurjo@gmail.com


Aproveitamos para darvos as gracias a todas as familias que voluntariamente participades activamente da asociación, facendo actividades de mantemento das zonas verdes, desfrutando da horta en familia, axudando en reparacións, apoiando, impartindo e organizando actividades, xestionando o banco de libros, facendo o servizo de traslado do alumnado a actividade de Natación, aportando ideas, axudando nas festas e compartindo o esforzo de darlle aos nosos fillos e fillas unha mellor educación.

Desexarvos un Feliz Verán!

xoves, 13 de xuño de 2019

BANCO DE LIBROS ENTRE FAMILIAS


Fondo voluntario e para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia (as persoas que solicitan a axuda regulada polo DOG, que está agora mesmo en prazo de solicitude, é a opción máis segura se se cumpren os requisitos).

O banco entre familias realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto). O reparto de libros realizarase no mes de setembro pero as doazóns de libros é importante facelas antes do día 20 para que as titoras poidan organizar os libros. AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DO CENTRO CO BANCO.


podedes descargar o documento completo neste enlace

GRAZAS CRISTINA POR XESTIONAR UN ANO MÁIS ESTE SERVIZO



martes, 11 de xuño de 2019

ALTA SERVIZO MADRUGADORES E COMEDOR 19/20



Para facer a inscrición entrade na web www.jardanaycomedores.es na área de clientes e introducide o usuario e contraseña.
Usuario: sanjurjo
Contrasinal: Comedores-2020

Lembrade que débese facer unha inscrición por neno ou nena e por servizo.

No caso de que o/a menor non teña DNI, poñede o da nai/pai ou persona titora.

ALTA 19/20 FAMILIA ASOCIACIÓN

Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociado/a, a cuota son 20 euros anuais por familia.

Nesta anualidade cobrarase a maiores coa cota o seguro de accidentes recomendado pola Federación, que son 5 euros por neno ou nena (cuota anual). As familias becadas na anualidade 19/20 estarán exentas do pago dos seguros os asumirá a ANPA.

O seguro cubre calquera accidente que teña lugar nas actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA.

Ábrese hoxe o prazo e ata o 21 de xuño de 2019.

PARA SOLICITAR A ALTA TEDES QUE FACELO CUBRINDO ESTE FORMULARIO
se tedes dúbidas ou 
dificultades podedes contactar con nós a través do mail anpaesanjurjo@gmail.com ou no horario de atención presencial no local.
O pagamento da cuota farase a través do formulario indicando a conta bancaria e desde a ANPA realizaremos o xiro sen coste adicional para as familias no mes de Outubro de 2019.
No caso de que esta opción non sexa a adecuada para vos,  poderes facer:
Ingreso ou trasferencia remitindo xustificante o noso correo anpaesanjurjo@gmail.com.
Ao cumplimentar o formulario online, no apartado outra forma de pago poñede: “TRASNFERENCIA BANCARIA"

Nº de conta: IBAN ES28 2080 0039 1130 0001 3175

INFORMACIÓN PRAZAS CAMPACOLE VERÁN 2019

Informámosvos que están admitidos no Campacole de Verán todos os alumnos/ as que solicitaron praza e cuberto a ficha de inscrición. No noso cole quedan aínda prazas libres nas quendas seguintes:

Quenda 3 (do 8 ao 12 de xullo) están dispoñibles 4 prazas.
Quenda 5 (do 22 ao 26 de xullo) están dispoñibles 4 prazas.

Se alguén está interesado, ten que chamar a Federancion de Anpas ao 981 20 20 02 e ten que facer a inscrición na Federación durante esta semana.

luns, 10 de xuño de 2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019/2020


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:00/17:00
Baloncesto (Primaria)
Debuxo(E.I)
Tecnotrivial
Judo (3º/6ºP)
Esgrima (EI+1/2P)
Inglés (EI)
Eureka (Primaria)
Fútbol (6ºEI+Primaria)
Luces,Cámara,Acción (EI)
 
Ioga (EI)
Baile e pandeireta (EI+Primaria)
Inglés (1º/3ºP)
Debuxo (Primaria)
Feito a mán (Primaria)
Baloncesto (Primaria)

Inglés (EI)
Judo (3º/6ºP)
Ximnasia Rítmica (Primaria)
Trotamúsicos (Primaria)
Eureka (EI)
Tricoteando… e punto!! (Persoas Adultas)
Natación
Fútbol (6ºEI+Primaria)
Luces,Cámara,Acción (Primaria)
Ioga (EI)
Percusión (EI+Primaria)
Inglés (1º/3ºP)
Feito a man (EI)
Ximnasia Rítmica (Primaria)
Xoguetín (EI)
Teatro en familia
17:00/18:00
Patín (2º/6ºP)
Xoguetín (EI)
Robótica (3º/6ºP)
Judo (EI+1/2P)
Esgrima
(3º/6ºP)
Ritmo (EI)
Eureka (Primaria)
Patín (EI)


Trotamúsicos (EI)
Ioga (Primaria)
Baile e pandeireta (EI+Primaria)
Feito a man (Primaria)
Inglés ( 4º/6º)
Ioga (Persoas Adultas)
Patín (Primaria)
Xoguetín (Primaria)
Judo (EI+1º/2ºP)
Baile moderno (Primaria)
Ritmo (EI)


Eureka (EI)
Tricoteando…e punto!! (Persoas Adultas)
Patín (EI)
Xoguetín ( Primaria)
Ioga (Primaria)
Feito a mán (EI)
Inglés (4º/6ºP)
Ioga (Persoas Adultas)
Teatro en familia
Baile Moderno    (Primaria)

A matrícula realizarase entre o 16 e o 20 de Setembro de 2019 a través dun formulario que poñeremos a vosa disposición.

CLASE DE PROBA. GRATUITA

Vedanta-Yoga presenta a súa actividade de Ioga para nenos e nenas invitando ao alumnado a una clase aberta o mércores 12 de 16-17h  na aula de psicomotricidade.
Traede calcetíns antiesvarantes.

Tarifas Provisionales :

POE. Eureka  *tarifas 18/19
        Feito a man
1día semana/2h. 10€ por período
1ºoct/dec
2ºxan/marzo
3ºabril/maio
Debuxo( Plano Pementa)
15€/mes
*10% segunda matrícula irmá
Luces, Cámara, Acción (Plano Pementa)
19€/mes
*10% segunda matrícula irmá
Tecnotrivial
15€/mes
*5€ desconto irmás
Robótica
25€/mes
*5€ desconto irmás
Trotamúsicos *tarifas 18/19
15€/mes
Ioga infantil (Vedanta-Yoga)
20€/mes 1 día
30€/mes 2 días
*50% desconto na segunda matrícula irmá ou na clase de adultos
Ioga Persoas adultas (Vedanta-Yoga)
25€/mes 1 día
35€/mes 2 días
*50% desconto na tarifa adultos se hai fillos matriculados en yoga infantil
Tricoteando...e punto!
15€/mes 2h
Esgrima
13€/mes
Judo
13€/mes 1 día
22€/mes 2 días
*segunda matrícula irmá 11€/mes 1 día
20€ 2 días
Inglés
10€/mes 1 día
20€/mes 2 días
*5€ desconto irmás que asistan dous días
Xoguetín
12€/mes 1 día
20€/mes 2 días
*10% desconto na segunda matrícula irmá
Baile e pandeireta ( Son D´aquí)
18€/mes  2h

Percusión (Son D´aquí)
12€/mes