xoves, 12 de marzo de 2020

Medidas da Xunta de Galicia ante o COVID-19

Compartimos as medidas da Xunta de Galicia a adoptar nos centros de ensino non universitarios.
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.
Medidas para os centros de ensino universitario.
  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.
 http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

A continuación compartimos o comunicado da Xunta tamén para actividades deportivas, residencias de maiores e ocio.








Comunicación servizo madrugadores e comedor ante o peche dos centros escolares


Ante a decisión da Xunta de Galicia de pechar os centros educativos a partir do luns 16 de marzo, JARDANAY envianos esta circular donde aclarannos cómo impacta esta medida nos seus servizos.

martes, 10 de marzo de 2020

Días non lectivos no Centro

Informamos que os días no lectivos no noso Centro, serán:
- o próximo venres 20 de marzo (lembrade que o xoves 19 é festivo autonómico)
- o luns 4 de maio 

venres, 31 de xaneiro de 2020

ADQUISICIÓN MATERIAL EDUCATIVO

Como xa vos informamos na asamblea de setembro 19, solicitamos á Deputación de A Coruña a través dunha subvención a adquisición de diferentes materiais, estos son:

- un ordeador para as xestións da ANPA
- xogos e contos educativos.
- un carro para transportar os xogos
- 2 mesas multiusos

Estes materiais mercáronse no último trimestre do ano e estivemos preparandoo para poñelo a disposición do alumnado no mes de decembro. Polo que queríamos informaros de novo, que estes materiais xa están a disposición do centro e do alumnado que empregan desde fai un tempo estes xogos educativos en espazos de lecer en madrugadores e comedor.

Os xogos que escollimos son lúdico-educativos de aprendizaxe de coñecementos e desenvolvemento de competencias matemáticas, lecto-escritura, historia, artísticos, visoespaciais, equilibrio, sensoriais para atender ás diversidades de nenas e nenos con necesidades educativas especiais e os libros infantís, especialmente enfocados á diversidade e á igualdade de xénero.

Clasificamos os xogos e libros segundo as idades e as identificamos con pegatinas de cores para que o alumnado sepa cal é un xogo adecuado para a súa idade e poda encargarse de recollelo.








 





RESULTADOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Xa están publicados os orzamentos participativos na web do concello.
https://aportaaberta.coruna.es/images/resultados2019.pdf




Como podedes comprobar, por moi pouquiño, a proposta dun novo edificio das mestras e mestres non  entrou nos proxectos elixidos.

Queremos dar as grazas a cada familia que votáchedes e seguiremos sen dúbida intentando procurar a forma de mellorar os nosos espazos.

AVISO COMEDOR


Hoxe despediuse de nós Carla a coordinadora do servizo de comedor e madrugadores, desde a empresa Jardanay nos informan que xa están con proceso de selección de persoal para cubrir a súa praza.

Tan pronto teñamos novas vos manteremos informadas e informados, mentres o servizo continúa como habitualmente.

Carla mandámosche unha aperta e desexámoste o mellor nesta nova etapa laboral.


luns, 9 de decembro de 2019

HOXE TOCA CINE NO SANJURJO. "CAMPEONES"



Dentro do Programa socioeducativo: CarricARTE subvencionado pola Deputación da Coruña temos previsto facer un videoforum.

Baixo o título "Hoxe toca cine no Sanjurjo"o próximo xoves 12 decembro de 16 a 18.30h  no local da ANPA veremos en familia a peli "Campeones" e reflexionaremos sobre a discapacidade.

Sinopse: "Marco, un adestrador profesional de baloncesto, encóntrase un día, en medio dunha crisis persoal, entrenando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acabase convertindo nunha lección de vida"

Podedes consultar a ficha técnica  no seguinte enlace: 

Acompañaranos no debate posterior Nacho Álvarez, papá do noso centro, experto en xestión da diversidade, e contaremos con Lucía Otero adestradora  do "Deportivo Genuine" e algún xogador/a con discapacidade intelectual que contarannos cales son os retos e as dificultades nesta iniciativa integradora LaLiga Genuine Santander, liga de fútbol nacional para persoas con discapacidade intelectual.

Falaremos sobre respecto, tolerancia, discapacidade, xogo en equipo, igualdade de xénero, inclusión, etc.

Animádevos a participar, e lembrade traer merendiña saudable para compartir.