Desde a Federación Provincial de ANPAs, infórmannos que o vindeiro3 de maiodará comezo as inscripcións do programa de ocio e conciliaciónCÓXEGAS, que se desenvolverádesde o 1 ao 22 de xuño, de luns a venres de 16 a 18h.
Precisarase un mínimo de 6 escolares para a formación dun grupo.
Respectaranse os grupos burbullas actuais, que están a funcionar actualmente en cada centro nas actividades extraescolares, dacordo ao protocolo COVID do centro e ao específico elaborado pola empresa de prevención para esta actividade.
Infórmannos dende Jardanay de que xa non quedan dispoñibles prazas presenciais no comedor para o grupo de Educación Infantil (agás baixa de algunha alumna ou alumno).
Informámosvos de que o vindeiro 18 de maio (martes) foi escollido como día NON lectivo no noso cole, polo que o centro estará pechado e non haberá nin aulas nin actividades extraescolares.
Grazas a un convenio coa Fundación Paideia o Taller Trébore Xardinería, unha empresa de economía social, estivo traballando os primeiros días de semana santa en renovar todas as zonas verdes do colexio.
Son moitas as cousas que fixeron, e é que ademais de renovar toda a terra e preparala para poder conseguir as mellores condicións para as plantas, adecentaron todas as xardiñeiras da zona da entrada e de infantil, onde podemos ver metrosideros nos ocos que antes estaban baleiros, e trepadoras que tentarán tapar e embelecer o peche do noso centro a medida que vaian medrando.
E non nos podemos esquecer da horta, a estrela deste proxecto onde se instalou o rego automático e se fixo un traballo importante para a renovación da terra. Unha das parcelas se reservou para plantas aromáticas: ourego, romero, albahaca... e outra queda a punto para que o alumnado, pais, nais e profesorado nos enfundemos o traxe e nos poñamos a cultivar.
Espero que esto sexa unha boa nova para todos/as nós e nos motive para participar en manter todo isto e que o proxecto da horta non pare de medrar.
QUEREDES COLABORAR?
De momento, imos precisar colaboración no rego de todas as zonas, e intentar turnarnos para que non queden moito tempo sen auga. Así que aproiveitamos para informarvos, para quen non o saiba, que existe dun grupo de whatsapp de nais e pais interesados/as en coidar a horta que está desexando ter novas incorporacións que axuden a que este proxecto se manteña e medre, así que todas as persoas interesadas podedes enviarnos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com
Animádevos!, esto é un brote de esperanza dentro deste ano tan difícil.
Dende hoxe, 1 de marzo de 2021 e ata o día 22 deste mesmo mes está aberto o prazo para presentar solicitudes para admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021/22.
Debido á crise da COVID-19, este ano as Xornadas de Portas Abertas non poderán ser presenciais, pero dende a Dirección do centro fixeron este vídeo das instalacións do cole para poder compartir e visualizar cantas veces se queira:
Como sabedes, o CEIP Sanjurjo de Carricarte é un centro pequeno e familiar, e dende a ANPA defendemos o ensino público de calidade e temos a convicción de que toda a comunidade educativa suma. Estes son os servizos que ofertamos dende a ANPA, sobre os que atoparedes máis información navegando por este blogue:
Servizo de comedor e madrugadores: Madrugadores desde as 07:30 ata a entrada ao cole e Comedor desde a saída do cole ata as 15:30 ou 16:00 con opción de continuar nas actividades extraescolares
Actividades extraescolares: sempre tentamos dar cobertura dende as 16:00 ata as 18:00 horas para facilitar a conciliación daquelas familias que o precisen.
Banco de libros entre familias: é un fondo voluntario, para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia. O banco realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto).
Proxecto O Noso Patio: Proceso participativo para a mellora do patio do CEIP Sanjurjo de Carricarte e o seu entorno
Tentamos tamén establecer todas aquelas accións que favorezan a colaboración con asociacións, entidades e persoas do barrio de cara a dinamizar o mesmo e tecer redes de participación: AA.VV Atochas, Monte Alto Torre de Hércules, Biblioteca Pública de Monte Alto...
Toda a información sobre o CEIP Sanjurjo de Carricarte, as instalacións, actividades e recursos está recollida na páxina web do Centro, e pode consultarse aquí.
Para o vindeiro curso están dispoñibles as seguintes prazas:
Curso Educación Infantil
Cursos de Educación Primaria
Postos dispoñibles
Neae (1)
Postos dispoñibles
Neae (1)
3 anos 22
4 anos 6
5 anos 0
3
0
0
Primeiro 0
Segundo 0
Terceiro 0
Cuarto 0
Quinto 2
Sexto 0
0
(1)
Postos escolares a disposición da comisión de escolarización de alumnado neae (art.3 da Orde do 12 de marzo de 2013)
O formulario a entregar é o ED550B, que se pode recoller na Secretaría do cole ou descargalo a través da páxina virtual da mesma e ten que ser presentado entre os días 1 e 22 de marzo. Antes do 26 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidas e non admitidas, con 5 días hábiles para presentar reclamacións e antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidas e non admitidas.
A matrícula formalizarase entre os dias 20 e 30 de xuño de 2021, na Secretaría do noso cole.
Deixámosvos, ademáis, diferentes ligazóns para coñecer mellor o noso cole así como as actividades desenvoltas desde a ANPA Eduardo Sanjurjo:
Cada xoves, no momento da recollida dos menús, atoparedes un contedor desta asociación no que poderedes depositar as bandexas de toda a semana. Non é preciso que as lavedes, simplemente agradecemos que retiredes os posibles restos de comida.
Coa vosa colaboración podemos axudar a reciclar máis de duascentas pezas de plástico á semana.
Queremos lembrarvos tamén outros puntos de recollida de tapóns da asociación A.S.E.R dispoñibles na contorna da nosa escola:
Neste trimestre sodes moitas as familias que estades a consultar pola incorporación das vosas nenas e nenos ás actividades extraescolares que se realizan no centro.
Toda a información relativa a prazas, novos grupos, matrículas novas e modificacións tena a Federación de ANPAs, que é a entidade que xestiona as actividades extraescolares, e quen ten que valorar todos os casos e posibles altas novas.
O contacto da Federación de ANPAS da Coruña é Lucía, e o seu teléfono o 649 05 59 39.
Aviso urxente: Actividades extraescolares no pavillón CANCELADAS
Debido ao arranxo da pista do pavillón, hoxe mércores 9 de decembro e mañá xoves 10 de decembro, quedan canceladas todas as actividades extraescolares que se realizan no pavillón. O venres 11 reanúdanse con normalidade.