venres, 19 de maio de 2023

CAMPACOLES 2023

                                         

Ábrese a convocatoria da edición 2023 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

mércores, 3 de maio de 2023

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PROGRAMA COXEGAS

 PROGRAMA CÓXEGAS  

Desenvolveráre no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

martes, 14 de marzo de 2023

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ANPA MONTEVIXIA

Precisamos urxentemente máis familias que axuden a xestionar os servizos do ANPA, para poder levalos a cabo: COMEDOR, MADRUGADORES E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.


Son servizos moi importantes para todas as familias e precísase xente para que salgan adiante, non podemos cargar todo ás mesmas persoas. Se nos organizamos entre as familias, todo é máis sinxelo e os servizos gañarán en calidade.

Se o ANPA quédase sen familias que axuden na xestión deses servizos non poden saír adiante, sendo perxudicial para o cole, as famlias e o alumnado.

 Adxúntase convocatoria de asamblea extraordinaria


23 de marzo
Primeira convocatoria: 16:45
Segunda convocatoria: 17:00

Único punto día: Cambio de directiva

Esperámosvos!


luns, 13 de febreiro de 2023

CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA


Mandamos convocatoria de asamblea xeral e extraordinaria para o próximo xoves, 23 de febreiro pola tarde. 

Se convoca unha ordinaria e outra extraodinaria porque así se require para o cambio de nome, cambio de directiva e renovación de estatutos.

Como vedes votaranse asuntos relevantes, polo que cantas máis familias estean representadas, mellor.

Ademais, como xa os vimos anunciando fai un tempo, o ANPA precisa de familias que axuden nas xestións urxentemente, se queremos que os servizos dos que se ocupa continúen desenvolvéndose.

Para calquera dúbida estamos no mail e whatsapp:

anpaesanjurjo@gmail.com

604 049 984