sábado, 24 de decembro de 2016

Xoguetes

Xa veña á nosa casa o Apalpador, os Reis Magos ou Papa Noel, deixará seguramente algún xoguete para ós nosos nenos. Hai uns días, El Mundo titulaba: Pasillo rosa: ¿el fin del sexismo en los juguetes?
Se queredes, podedes botarlle un ollo. Eu tampoco entendo, como din no artigo, que se cambien os colores dos legos para que lles resulten máis atractivos ás nenas (ou teríamos que dicir ós pais?)
Qué pensades? Hai xoguetes para nenos e xoguetes para nenas? 
Eu levo anos utilizando esta guía que me axuda a diferenciar fácilmente se un xoguete é para neno ou para nena...😉

Boas festas!!!

luns, 19 de decembro de 2016

Festa!!!!

Xa temos aquí o Nadal pero antes das merecidas vacacións temos unha pequena celebración  o mércores 21 de decembro de 16 a 18 no cole con algunha sorpresa máxica e chocolate quentiño con ricos churros. Esperámosvos!!!!

venres, 16 de decembro de 2016

Feira científica na Domus e máis cousas

O sábado 17 celébrase a feira cientifica UDCiencia na domus. Para que todos podamos asistir aos diferentes talleres e actividades que terán lugar, a entrada é gratuita. Neste enlace tedes máis información.
O domingo temos un día moi musical. Pola mañán, as 12:30, representarase Pedro y el lobo no Mac. Á tardiña tocarán os nenos da Orquesta Abanca Resuena, na que participan varios nenos do noso centro. Apuntade: as 17:00 no Palacio de la Ópera. Os dous concertos con entrada libre.

luns, 12 de decembro de 2016

Actividades 2017 no centro cívico de Monte Alto

Esta semana é a preinscripción para as actividades no centro cívico do barrio. É os días 15, 16 e 17, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. Lembrade que despóis farase un sorteo cos solicitantes xa que en casi todas as actividades hai moita demanda. 

Neste enlace está o cadro de actividades que se ofertan, co seu horario e custo.

domingo, 11 de decembro de 2016

Campacole "O son do nadal"

Xa temos aquí as vacacións de Nadal. Do 22 de decembro o 5 de xaneiro terá lugar un campamento de Nadal no cole. Lembrade que os nenos matriculados no Sanjurjo poderán inscribirse o día 14 de decembro´.
https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapakZnUjVBTDA3dkE

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapakZnUjVBTDA3dkE

venres, 9 de decembro de 2016

Xogos violentos

Recollemos hoxe esta nova publicada no Ideal Gallego:

El ANPA del Rafael Dieste alerta sobre un juego violento que se extiende entre los niños

A mecánica deste xogo é simple, simplemente cómpre golpear o esternón dalgún compañeiro ou compañeira desprevido... Como din no xornal, hai que estar atentos a este tipo de comportamentos e tentar erradicalos.

domingo, 20 de novembro de 2016

O Noso Patio · Actualización semanal

Recibimos mail informativo: 

De: sociocultural@rexenerando.com

Familias, profes, e demais seareiros de O Noso Patio:

Comprácenos inmensamente enviarvos o primeiro mail informativo desta fase do proxecto, unha fase na que, como saberedes, estamos traballando con toda a comunidade educativa para plasmar soños e necesidades para o patio do Sanjurjo de Carricarte e os seus accesos.

Dende que o equipo de mediación externo entramos no cole, o 24 de outubro, fixemos moooitas cousas: unhas máis visibles, das que moitos de vós participastes, e outras menos, coma formiguiñas que van carrexando migas de pan para que o proxecto se poida materializar. De todas estas pequenas misións, as nosas favoritas foron as que implicaron ao alumnado de 5º (que nos está axudando na mediación), e ao de 6º (que fai o seu coa comunicación externa e interna). Unha das máis recentes foi a Presentación Aberta ao Barrio do proxecto, o pasado xoves 10 de novembro, da que vos vai unha fotografía e unha nota de prensa que fixeron dúas compañeiras da clase de 6º.

Con 6º xeramos ademais “O Noso Patio TV”, unha ferramenta que nos vai permitir irvos contando cada semana en que andamos liadas e liados. E como non podía ser doutro xeito, deixámosvos xa cos protagonistas: https://www.youtube.com/watch?v=pxa_CIASTec.

Apertas cargadas de xogo,

Ánxela Blanco e Olga Romasanta
Equipo de Mediación de O Noso Patio

PD: para calquera dúbida, estamos case todas as mañás no Ideatorio (a antiga aula de música) ou neste mail.

PD2: se tedes dúbidas a respecto do orzamento que vai haber para a fase de materialización deses soños, podedes contactar con Belisario Sixto, xefe de servizo da Concellaría de Educación, e el contaravos como van proceder a partir de xaneiro. O número de teléfono é 981 18 42 00, e a extensión 12043.

Menú de novembro do comedor - Rectificación

Dende Vi&Va mandan esta rectificación do menú de novembro

xoves, 17 de novembro de 2016

Pensando na fin de semana

Ola!

Se cadra, interésavos os talleres de robótica que celebran na Domus as próximas fins de semana. Botádelle un ollo e lembrade que hai que facer a preinscripción nun formulario electrónico, o día 18/11 de 10 a 13.
Por outra banda, este domingo día 20, seguen os Conciertos didácticos no Macuf. A actuación é as 12.30, aínda que empezan a repartir os convites as 11.30, hai que estar rápidos!

Boa fin de semana!