sábado, 30 de maio de 2020

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DAS BOLSAS DE COMEDOR MUNICIPAIS CURSO 2020/2021

O prazo é de 10 días hábiles, é dicir, do 1 ao 12 de xuño ambos inclusive

Novidades na solicitude das bolsas de comedores escolares

Nesta convocatoria, a persoa beneficiaria é a persoa menor de idade ou alumno/a que efectivamente faga uso do comedor escolar. Neste sentido, a solicitude debe realizarse a nome desta persoa.
Este ano non será necesario presentar o documento de aceptación con posterioridade á concesión. Previamente á resolución, que poña fin ao procedemento de concesión de bolsas de comedor, mediante unha proposta de resolución definitiva darase un prazo de 10 días para presentar a aceptación ou renuncia da bolsa de comedor, entendéndose que de non renunciar, acéptase.
A solicitude https://www.coruna.gal/descarga/1453733489691/Solicitud-beca-comedor_-publicada-en-sede-electronica.pdf no modelo específico deberá vir sempre acompañada da seguinte documentación:
  • Anexo I debidamente cumprimentado
  • Anexo II debidamente cumprimentado
  • Anexo III debidamente cumprimentado
  • Anexo IV debidamente cumprimentado
  • Anexo V debidamente cumprimentado
  • https://www.coruna.gal/descarga/1453733489691/anexos-castellano-y-gallego.pdf
  • Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
  • Certificado escolar ou copia da matrícula ou solicitude da mesma.
  • Igualmente, no caso de opoñerse á consulta, deberá acompañar a solicitude dos documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
  • O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias deben acompañarse dos documentos que as proben e que se atopan enumerados na base 10.3 da convocatoria.
Para a aclaración de dúbidas sobre a solicitude chamarase ao 010, indicando un teléfono de contacto. Desde o 010 trasladarano a Benestar Social, quen contactará telefonicamente para liquidalas.

Para unha maior axilidade no procedemento, recoméndase realizar a inscrición a través da sede electrónica. https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=662

De optar pola presentación da solicitude de xeito presencial, recordade que por mor da situación actual debedes solicitar CITA PREVIA no rexistro municipal, deixamos enlace https://sucitaprevia.es/citaprevia/?idCliente=3



luns, 25 de maio de 2020

INFORMACIÓN BANCO DE LIBROS ENTRE FAMILIAS



Boas familias, como estos últimos anos xestionarase desde a ANPA co apoio de Cristina o banco de libros entre familias, para aquelas que por diferentes motivos non poden optar ás axudas da Xunta de Galicia (de 3º a 6º de EP). Cara o mes de xuño, enviaremos información, para a través dunha enquisa on line, rexistrar aquelas familias interesadas en donar e/ou recibir libros. Saúdos a todas.

venres, 22 de maio de 2020

CAMPAMENTOS VERÁN 2020 NA NOSA CIDADE

O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Condicións de participación
Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio
Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño
Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.
Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño
Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño
Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta específica de cada servizo.
A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. Formación de grupos de máximo 15 participantes, sempre en cumprimento das medidas que as organizacións responsables das actividades de lecer educativo xuvenil deberán implementar con carácter xeral, ademais de aplicar as prescritas polo Ministerio de Sanidade.
Terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.

luns, 16 de marzo de 2020

‼🆘 ACTUALIZACIÓN PERSOAS USUARIAS DE BOLSA COMEDOR

‼🆘 ACTUALIZACIÓN PERSOAS USUARIAS DE BOLSA COMEDOR
Despois de analizadas as 92 solicitudes recibidas por parte das persoas beneficiarias do programa de Bolsa Comedor, estes son os centros nos que se efectuarán os repartos:
-Colexio María Pita. Recollida de 13:00 a 14:00.
-Colexio Víctor López Seoane. Recollida de 13:00 a 14:00.
-Colexio Salgado Torres. Recollida de 13:00 a 14:00.
-Colexio Fogar de Santa Margarida. Recollida de 13:00 a 14:00.
-Colexio Grande Obra de Atocha. Recollida de 13:00 a 13:30
Dende os Equipos de Atención Social dos Centros Cívicos chamarase ás familias para indicarlle cal é o colexio no que lle corresponde a recollida do menú.
Por outra banda, lémbrase ás familias que teñan imposibilidade de saír á rúa por pertenceren a un grupo de risco, que poden solicitar o servizo de voluntariado no 010 para que sexa una destas persoas a que o recolla no seu nome e achégello ata casa.

sábado, 14 de marzo de 2020

Información do Concello sobre as familias becadas no comedor

‼️‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE CONCELLERÍA BENESTAR

➡️INFO BOLSEIROS DE COMEDORES ESCOLARES
- Facilitarase o menú para recoller e levar ao domicilio e todas as familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia: no caso do noso barrio é este easmontealto@coruna.es, indicado datos do alumnado becado, CEIP Sanjurjo de Carricarte e un teléfono de contacto actualizado.

➡️COLEXIOS PUBLICOS:  Os centros escolares abriranse para a repartición de menús de 13,00 a 14,00 horas.

Unha vez remitades o mail para recoller os menús, contactarán con vós para informar do inicio do reparto.

xoves, 12 de marzo de 2020

Recomendacións prácticas ante o COVID-19

Hola familias, queremos compartir con vos algunhas recomendacións que nos remiten algunhas familias do centro do ámbito sociosanitario, para actuar ante o COVID-19, temos ante nos unha oportunidade de responsabilidade e educación cívica aos noso fillos e fillas.

Neste enlace podedes consultar toda a información necesaria para coñecer os seus síntomas e como protexernos. https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/ciudadania.htm

Procurade comprobar a veracidade da información recibida sobre o COVID-19 antes de compartila, xa que esto nos leva a estar infoxicados e a non manter a tranquilidade nunha situación como a que estamos vivindo.

O teléfono para consultas sobre o coronavirus en Galicia é o 900-400-116, só chamar o 061 en casos de emerxencia ou graves para non colapsalo.