domingo, 9 de setembro de 2018

Actividades extraescolares

Como cada novo ano desde a Anpa poñemos en marcha o programa de actividades extraescolares.
Este curso escolar 2018-2019, contaremos cos programas do Concello en convenio coa Federación 
de Anpas Cóxegas, Deporte no Centro e Ocio educativo, coa campaña de natación escolar do 
servizo municipal de deportes e coa programación propia da ANPA.


PRAZOS DE INSCRICIÓN:


  • PROGRAMA CÓXEGAS: o luns 10 de setembro en horario de 11 a 12 e de 16 a 17, de forma 
    presencial no local da ANPA.
  • PROGRAMAS DEPORTE NO CENTRO E OCIO EDUCATIVO: o luns 10 en horario de 11 a 12 
    e de 16 a 17 e o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma 
    presencial no local da ANPA.
  • NATACIÓN ESCOLAR: o xoves 13 de setembro en horario de 9 a 10 e de 16 a 17 , de forma 
    presencial no local da ANPA.
  • PROGRAMACIÓN PROPIA DA ANPA: os días 17, 18 e 19  a través dun formulario de google 
    drive, explicaremos o procedemento na asemblea xeral ordinaria do próximo luns 17 de 
    setembro ás 16:30 horas)


Achegamos o cadro de actividades

e o folleto enviado pola Federación de Anpas, lembrarvos que para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociada/o (enlace formulario) e que para calquera dúbida podedes contactar con nós a través do mail ou no horario de atención presencial no local.

Benvido novo curso escolar

O próximo mércores 12 de setembro arranca o curso escolar 2018-2019,  
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar, e con el algunha novidade tamén por parte 
da anpa.
O noso novo horario de atención será de forma presencial no local da ANPA os luns de 16:00 
a 17:30 e os venres de 9:00 a 9:30
Tamén podedes contactar con nós en calquera momento a través do mail 
anpaesanjurjo@gmail.com
Toda a información de interese a enviaremos aos mails das persoas asociadas, a colgaremos 
no taboleiro da entrada da escola e a poderedes consultar neste blog


Para asociarvos tedes que cumplimentar este formulario

venres, 7 de setembro de 2018

PROGRAMA COXEGAS

Como cada ano o Concello en convenio coa Federación de  Anpas pon a dispor de quen o necesite o servizo de CÓXEGAS mentres non comezan as actividades extraescolares. Achegamos o tríptico  enviado pola Federacion e informámosvos de que podedes apuntarvos no local da Anpa o LUNS 10 de SETEMBRO en horario de 11 a 12 e de 16 a 17.

As novidades para o presente curso son as seguintes:

 1.     O tríptico de actividades contén toda a información referente aos distintos  programas que van poñer en marcha.

2.      A folla de inscripción é única para todas as actividades. Figura en papel autocopiativo para que a familia poida quedar cunha copia da mesma.
Por favor, lede detidamente a información do díptico sobre CÓXEGAS. Con respecto o resto de actividades informaremos próximamente.




luns, 23 de xullo de 2018

Listaxe previa á definitiva do Programa bolsa comedor escolar. Curso 2018/2019


Aquí deixámosvos unha ligazón coas listaxes provisionais para a bolsa comedor, lembrade que o o prazo para presentar alegacións comprende do luns 23 de xullo ao luns 6 de agosto do presente ano 2018.

venres, 15 de xuño de 2018

O noso patio (e máis)

Difundimos a última entrada do blogue de O noso patio, onde veremos cómo os nenos de infantil participan no proxecto.
Lembrade tamén a axenda dos próximos días:
   - hoxe a festa da inauguración da bancada,
   - o luns asamblea xeral do anpa a partir das 16.00 e
   - o xoves 21 de 16 a 18 a festa de fin de curso

martes, 29 de maio de 2018

xoves, 1 de marzo de 2018

Blogue O noso patio

Como sabedes, o proxecto O noso patio crece cada día. Coincidindo coa festa do próximo venres (ou o seguinte, dependendo da choiva) estrearon un blogue onde está documentada cada fase do proxecto, e onde se publicarán as novidades. Podedes deixar comentarios, revisar todas as fotos, a ver se os vedes. Botádelle un ollo: https://onosopatio.wordpress.com/


Menú marzo

O menú de marzo do comedor